Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 1 de febreiro de 2018

Campaña de vixilancia da saúde 2018 para persoal da Administración Xeral da Xunta de Galiza

Comeza a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2018 para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galiza


No DOG do día 1 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. Con carácter xeral, o prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (prazo de inscrición entre os días 2 de fecreiro e o 3 de marzo).

A solicitude realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia: www.xunta.gal/riscos. Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Está campaña de vilixancia da saúde é aplicable a todos o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, agás o que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións; este persoal conta con campañas de vilixancia da saúde propias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario