Función Pública enviounos o proxecto de orde sobre o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Descargar. Temos ata o martes 12 para enviar alegacións. Se queres dicirnos algo, contacta coa CIG.
O procedemento refírese ao persoal funcionario de carreira. E como novidade, xa que o acordo non o prevé ata que se funcionaricen, tamén van incluír ao persoal laboral fixo ao que se lle recoñecerá o grao I de xeito provisional "mentres non se convoquen os procesos de funcionarización", tendo a consideración de pagamento "a conta". Non aprobar a funcionarización suporá a suspensión dos pagamentos, aínda que non se establece de xeito expreso si nese caso terán que devolver os importes cobrados.
Se podíamos considerar como unha chantaxe condicionar a carreira profesional á funcionarización, comezar a pagar de xeito provisional sen levantar a condición segue sendo outra chantaxe, poñendo ademais o caramelo na porta do colexio.
Tanto o persoal funcionario de carreira como o laboral fixo teñen que cumprir unha serie de requisitos que constan no texto da Orde, e que se suavizan con respecto aos fixados no Acordo de concertación, xa que moito persoal non os cumpría, tal e como sinalamos nesta nova.
O persoal funcionario interino, o persoal laboral temporal e indefinido, está excluido deste sistema extraordinario.
A carreira profesional é parte do Acordo de concertación que asinaron CCOO, UGT e o PP de Feijoo, co voto en contra da CIG. O Acordo ten aspectos positivos, pero tamén negativos que ao noso ver non compensan os positivos. Descargar boletín explicativo do Acordo. Descargar boletín explicativo da carreira profesional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario