Quizáis poida parecer un título presuntuoso pero ten a súa explicación obxectiva. O pasado día 7 de marzo tivo lugar a derradeira reunión da Xunta de Persoal de Servizos Centrais. A Xunta de Persoal consta de 25 delegadas e delegados co seguinte reparto: CIG 11; CSIF 5; CCOO 5 e UXT 4.
Pois ben a esa xuntanza só acudiron delegadas e delegados da CIG; vale que na CIG faltaron 3 persoas (unha delas con xustificación médica) pero é que do resto faltaron todas. Polo que como se pode entender, aprobouse toda orde do día por 8 votos a favor e 0 en contra (de aí o título). Aínda que por culpa da non asistencia do resto de delegadas e delegados non se cumpreu o quorum necesario e a aprobación foi oficiosa (ata faltou o secretario, membro da UGT).
Non vamos a facer sangue do ocorrido pero estamos ás portas dunhas novas eleccións á Xunta de Persoal e cada quen ten que facer autocrítica do que fixo estes catro anos neste órgano e do que vai facer coa representanción que conquira no futuro.
A Xunta de Persoal é o órgano de representación de todo o persoal funcionario de servizos centrais e é o motivo polo que existen delegadas e delegados electos nos centros; non prestarlle un mínimo de tempo e carga de traballo aparte dun fraude ao persoal é pouco serio como representación sindical.
As delegadas e delegados da CIG sabemos o que temos que facer e así o facemos: recoller as propostas do persoal, estudalas e defendelas nos órganos de representación. Parece que non todo o mundo ten claro cal é o motivo polo que ostenta a representación sindical.
Nesta Xunta de Persoal aprobáronse as seguintes cuestións, como case sempre neste mandato 2015-19, todas propostas pola CIG:
1.- Aprobación da acta anterior.
2.- Situación do local da DX de Pesca (San Lázaro).
3.- Información do manifesto de apoio á folga de mulleres do día 8 aprobado na Permanente.
4.- Denuncia da situación do servizo técnico de arqueoloxía na DX de Patrimonio Cultural.
5.- Actuacións e escritos da Permanente dende a última XXPP.
Con esta reunión péchase este cuatrienio á espera dos resultados das eleccións do vindeiro 11 de Abril; ¡¡¡¡¡cada pao que aguante a súa vela!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario