O Tribunal Supremo ven de fallar a favor de incluír ao persoal interino e temporal na carreira profesional das Illes Balears.
Un mes e pico despois de que CCOO e UGT
decidiran coa Xunta que o persoal interino e temporal non ten que cobrar
a carreira profesional, o Tribunal Supremo, nun caso similar ao noso vén de fallar que si teñen que cobrala e que existe discriminación de non facelo.
En concreto:
- "que a carreira profesional establecida nos acordos ratificados polo acordo do Consello de Goberno das Illes Balears de 8 de maio de 2015 está incluída no concepto “condicións de traballo” da cláusula 4ª do Acordo Marco incorporado á Directiva 1999/70/CE referida ao principio de non discriminación, e aos efectos de valorar as diferenzas de réxime xurídico aplicable aos funcionarios interinos e ao persoal laboral temporal, ao que ven referida a actuación impugnada."
- "que existe discriminación deste persoal por condicionarse a súa participación na carreira profesional deseñada no acordo recorrido á circunstancia de ter superado un proceso de ingreso..."
- "que supón, do mesmo xeito, a estimación do recurso contencioso administrativo coa consecuencia de declarar contraria a Dereito a actuación impugnada na medida en que exclúe aos funcionarios interinos e ao persoal laboral temporal do réxime de carreira profesional e o recoñecemento do dereito das recorrentes a esa carreira profesional ..."
Adviñas quen asinou este acordo discriminatorio nas Illes Balears? Acertaches: CCOO e UGT, entre outros, ademais de CSIF.
A pesares de todos os antecedentes que
hai, a xurisprudencia, as directivas europeas, especialmente a
1999/70/CE, CCOO, UGT e a Xunta decidiron discriminar ao persoal
interino e temporal, polo que o recurso da CIG vai ser o
único xeito de incluílo dentro do sistema extraordinario de carreira
profesional. A non ser que atendan a petición de renegociar o acordo
para facelo universal.
Para situarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario