Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 22 de febreiro de 2016

250 comisións de servizo entre decembro de 2015 e xaneiro de 2016

Achégase as listaxes de postos de persoal funcionario en comisión de servizo, prórrogas, adscricións e revogacións de comisións dos pasados meses. Descargar decembro. Descargar xaneiro.

Entre o último mes do ano pasado e o primeiro deste, concedéronse un total de 98 novas comisións de servizo, un lixeiro, ou non tanto, repunte tendo en conta as datas festivas que collen a estes meses. Así mesmo, prorrogáronse 152 comisións de servizo, un número similar ao dos meses pasados.

Xa nos queixábamos en decembro de cando se resolvería o concurso, pero cada día que pasa aínda é máis grave este retraso, xa que incrementa esta forma de provisión de postos e impide que as prazas estean a disposición por medio duns criterios obxectivos, como levamos reclamando dende sempre. A data de hoxe, aínda non sabemos cando se vai resolver o concurso e a coña é que vemos como hai postos que van camiño de 6 anos en comisión de servizos.

Por outra banda, semella que moitas consellarías utilizan a comisión de servizos, no mellor dos casos, como período de proba para algún persoal en LD. Pódese observar  que se prorrogaron 11 comisións de servizo en postos de xefatura de servizo e 1 en subdirección. Visto que está o regualmento do concurso das xefaturas de servizo en fase de negociación, pode vir por aí a explicación desta situación. Iso si, o que non explica, se nos cinguimos aos postos de subdirector/a é que, en canto as novas comisións, concedéronse un total de 9 en postos de subdirecións, ademais de 16 en postos de xefatura. De sobras é sabido que moitas destas xogadas son para seguir apalancando dous postos á vez e colocar de paso a mengano ou mengana; xogada que adoita a dispararse en número en canto se resolve un novo concurso.

Por último, con respecto á calidade do mercado e o seu número, nestes dous meses, desta vez foi o seguinte:

- Novas comisións. 15 níveis dezaoito, 16 níveis vinte e cinco, 16 xefaturas de servizo e 9 subdireccións.

- Prórrogas. 42 níveis dezaoito, 43 níveis vinte e cinco e 20 xefaturas de servizo.

- Adscricións provisionais. 1 nível dezaoito, 0 níveis vinte e cinco, 7 xefaturas de servizo e 3 subdireccións.

- Revogacións. 4 en total, todas no mes de xaneiro.


Novas relacionadas: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario