Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 22 de febreiro de 2016

Ultímanse as instrucións de permisos, vacacións e licenzas

Trala recente publicación no DOG da recente publicación das instrucións de permisos, licenzas e vacacións para o persoal docente, ultímanse as instrucións de permisos, licenzas e vacacións para o persoal da Administración xeral.

Exclúen sen maior razón o persoal que traballa nos centros do Sergas; referímonos a persoal non sanitario de corpos xerais da Xunta e da lei 17 que traballa maioremente nas antigas direccións provinciais (agora xerencias) e tamén en hospitais.


No último borrador que xa case podemos considerar o derradeiro, aparecen cambios no de poder xuntar moscosos e vacacións, o gozo por separado de ata 6 días de vacacións e  algunhas matizacións para o persoal que traballa a quendas.

Seguen sen incluír o permiso retribuído para embarazo a partir da semana 37 (ou 35 en embarazo múltiple) que recolle o EBEP na súa DA 16ª e que precisa adaptación de cada Administración e semella que aquí non están pola labor.


Tampouco inclúen a posibilidade de que sexa o outro proxenitor o que goce do permiso de lactación no caso de que a nai non traballe. Recordamos que aínda que non figura expresamente nas instrucións xerais, estase dando, aínda que a nai non traballe, desde as sentenzas gañadas e posterior resolución do ministerio de 2013 da que Función Pública ten unha instrución específica

Agardamos tamén que comecen coa adaptación da Orde de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo para equipararnos en dereitos ao persoal da Administración do Estado en canto á adaptación de xornada para as persoas que se reincorporen tras un tratamento de radio e quimioterapia, así como a ampliación do horario de verán para o persoal con fillos/as menores de 12 anos.

Descargar último borrador dispoñible

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario