Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 22 de febreiro de 2016

Que foi dos temarios de oposicións da EGAP?

A verdade é que pouco importa xa cando os publiquen tendo en conta que se botan enriba as hipotéticas e incertas datas dos primerios exames, que a xente xa tivo que buscarse a vida para estudar, e sobre todo porque non teñen carácter oficial e non son vinculantes, o que implica o pouco rigor que se emprega na súa elaboración e xa non digamos nas versións en galego. En calquera caso vai información por se vos resulta de interese:

O director xeral de Función Pública faise agora responsable da súa cordinación, debido que "a EGAP non da resolto". Recoñece que están pendentes de adaptación dos cambios lexislativos publicados en novembro un total de 22 temas. Asegura que a maioría estarán publicados en febreiro, e todos en marzo.

 
Lembramos que os últimos en publicarse foron os de C1 e C2 de libre, a finais de xaneiro, aínda que fica só a súa versión en castelán. Do resto, xa estaban o ano pasado, algún en xullo (todos os que non tiñan temas de desenvolver ou estes non eran novos: A1, C1 e C2 promoción interna), en setembro (A2 promoción interna) e tamén en decembro (A1 e A2 libre). O peor de todo é que ata os que publicaron en decembro, tras publicar as modificacións en novembro, aínda van referidos aos textos lexislativos antigos.

Accede aos temarios


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario