... "a Xunta convocará este ano 714 prazas de emprego público no eido da Amdministración xeral". Así comezaba a nova do Telexornal sobre a OPE 2016 da Administración Xeral da Xunta. Xa está, xa teñen o seu titular e uns cantos minutos de gloria adicional na TVG, deixando claro que é a maior oferta desde 2009 e que a estas prazas hai que sumarlle as de Ensino e Saúde.
O problema de todo esto é que esta oferta quédase ridícula para compensar todos os recortes de prazas públicas que houbo estes anos, para acabar coas privatizacións e co aumento da temporalidade e para cumprir co dereito á promoción profesional do seu persoal (que aquí non hai limitación de taxas de reposición nin farrapo de gaitas). Ver datos das desfeitas de emprego público destes últimos 4 anos.
O caso é que conseguiron este titular das 714 prazas grazas á trampa das 356 prazas de promoción interna, ou máis ben, promoción eterna ou putada eterna, vendo como se desenvolveron as cousas. Para persoal funcionario unha merda de promoción interna con 106 prazas deixando fóra prazas para o A2. Pero aínda é peor (a pesar de que sexan máis prazas) para persoal laboral que, despois de tantos anos, só sacan prazas de promoción interna para grupo V e dúas categorías do grupo IV, unha das cales exixe titulación específica. Aínda por riba bótanse atrás e quitan as poucas que había pra grupo III e outras tantas doutras categorías do grupo IV. Pero que promoción interna é esa!!??
E para ise ciscallo de promoción interna puxeron enriba da mesa un acordo que implica suspender o artigo do convenio para que as prazas de persoal laboral que non se cubran por promoción interna que non vian a parar a libre. Ou sexa que esas 250 serán para promoción interna ou non serán.. Nesta ligazón xa desgranábamos o insulto que supón o acordo, pero é que hai máis, agora incluíron un par de insultos máis que xa non é que pareza que se rían do persoal laboral senón que se rién abertamente:
CUARTO.-A Administración comprométese a ofertar na OPE 2017, dentro do establecido na lexislación básica, postos das categorías de persoal laboral das categorías mais numerosas nos que haxa unha maior temporalidade.
A ver, que aínda teñen OPEs desde o 2008 sen executar e veñen agora que si na OPE de 2017 se comprometen... mi madriña, que valor! E logo, habendo eleccións no 2016, ese compromiso é un brinde ao sol... é de coña!, acordar un compromiso INDETERMINADO máxime tendo en conta que todos estes acordos e desacordos están sometidos a dispoñibilidade orzamentaria e xa sabedes como apura a Troika, que di que en abril, haxa ou non Goberno, ten que cumprir cos requisitos e axustes que lle manden.
QUINTO.-A Administración comprométese a convocar e resolver un concurso de traslados para o persoal laboral fixo dos Grupos IV e V do convenio colectivo único antes da toma de posesión do novo persoal das categorías convocadas na OPE do 2016.
De novo "comprométese" pero cando!? Miren, que xa o convenio recolle que os concursos serán anuais, con todas as prazas vacantes, xa recolle que deberían ter implantado o concurso permanente vai anos, que carallo veñen agora e din que van convocar un concurso!?, e só para grupos IV e V!? Ou sexa, acordan suspender un artigo para duplicar as prazas de "promoción" interna separada a cambio de que ademais nin sequera se cumpra o convenio no tema da periodicidade dos concursos. E que o van resolver antes da toma de posesión de promoción interna; eso xa non é nada novo, igual que o de amortizar prazas nos concursos ou non sacar todas as vacantes.
Só falta un cronograma con datas concretas, tan concretas como "ao longo do século XXI", "antes de que se reforme a Constitución Española" e cousas así, como por exemplo "cando corran unicornios rosas polos corredores de San Caetano" e referencias temporais similares.
Poderían meter un SEXTO punto que for que a Administración comprométese a non mexar por riba do seu persoal (literalmente) porque o que é metafóricamente xa o leva facendo moitos anos.
Por certo, a esta OPE votaron en contra todos os sindicatos pero con realción ao acordo só foi a CIG a que se negou a asinalo. Non somos traballadores e traballadoras de segunda e si, temos dignidade.
Descargar último Borrador da OPE 2016
Novas relacionadas:

Ningún comentario:
Publicar un comentario