Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 10 de xuño de 2016

A Xunta recúa coa cesión dos nosos datos a empresas privadas

O mércores, 8 de xuño, a CIG facía pública a denuncia na Axencia Española de Protección de Datos por vulneración da normativa vixente en protección de datos que afecta ás persoas usuarias do certificado electrónico da tarxeta de empregada e empregado público da Xunta de Galiza.

Actualmente a empresa certificadora é AC CAMERFIRMA S.A., unha sociedade mercantil participada polo Consejo Superior de Cámaras de Comercio, varias Cámaras de Comercio españolas e o grupo bancario Banesto. Anteriormente, os certificados foran xerados pola entidade pública empresarial Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda.

Pois ben, desde febreiro, nas condicións que aceptábamos ao solicitar ese certificado dixital, estábamos cedendo os nosos datos á dita empresa e á Camara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España para que "nos mantiveran informados das súas actividades propias".

O mesmo día que a CIG difundía esta información, a Xunta publicou na súa intranet a seguinte nota informativa no seu web, onde recoñece o "erro" e que xa actuou en consecuencia; un erro que se prolongou no tempo desde febreiro ata xuño. Sexa ou non erro, o caso é que estamos ante unha vulneración da normativa vixente en materia de protección de datos e será a Agencia Española de Proteccion de Datos a que decida as consecuencias.

Nota informativa sobre a emisión de certificados

09 de xuño de 2016.- En relación á información xurdida sobre a emisión de certificados de empregados públicos por parte da entidade Camerfirma, adxudicataria do servizo de acreditación dixital do persoal ao servizo do sector público autonómico, realízanse as seguintes aclaracións:
  • Segundo as condicións establecidas no contrato asinado con esta administración pública, Camerfirma unicamente pode facer uso dos datos de carácter persoal para a realización das funcións inherentes á prestación do servizo para o que está contratada.
  • Unha vez que a Xunta identificou un erro nas cláusulas incorporadas por parte de Camerfirma na emisión dos certificados, solicitóuselle a esta entidade a realización das seguintes accións:
    • Modificación inmediata das cláusulas relativas ao outorgamento de consentimento para a cesión de datos. Na actualidade estas xa non figuran.
    • Solicitude da revogación inmediata desas condicións nos certificados xa emitidos.
Informar, ademais, de que esta situación afecta unicamente aos certificados emitidos por Camerfirma no período comprendido entre o 2 de febreiro e o 7 de xuño de 2016.


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario