O venres 3 de xuño fumos convocados a Permanente da Xunta de Persoal coa Subdirección de Servizos Comúns para unha reunión informativa sobre varios escritos de queixa presentados durante estes últimos meses con relación ao mal funcionamento de cuestións de infraestruturas e locais.
- Deficiente ilumninación do aparcadoiro de San Caetano: Din que en case todos os sitios que mediron superanse os 100 luxes -é o minimo neste tipo de locales - pero recoñecen que hai recunchos que incluso pode que non se superen. Asegura que se iluminará máis, e que as horas de entrada e saida estará todas as luminarias do aparcadoiro acendidas; ata agora estaba cendida unha si e otra non, a todas as horas do día.
- Sobre os amaños do edificio de San Lazaro: din que entan niso; enseñounos algunhas fotos de filtracións de auga e xa as mandaron arranxar e pintar. O problema mais grande teñeno co tellado, xa que non hai; é unha zona plana donde se acumula auga que logo vai vaixando filtrándose por onde se quere; din que esta obra é competencia das consellarías que teñen ese local (Emprego e Sanidade) e que xa se contratou un estudio de enxeneria para dar unha solución técnica ao asunto, logo habrá que facer a obra que corresponda para solucionar o tema. Igual a solución sería poñerlle un tellado como se fixo toda a vida cos edificios e vivendas e máis co que chove no noso país.
- Sobre o ascensor da pastoriza e das filtracións de augas: din que isa auga vén do exterior (barrio da Almáciga) e que se filtra no edificio porque a rúa non ten suficientes sumidoiros. En canto ao tema do ascensor "que non é peligroso", só que cando teñen filtracións ten que estar parado e que intentaran aisllar o edificio. De momento están bombeando a auga con máquinas. Por último, informámoslle sobre os malos cheiros que hai na planta baixa -sobre todo na sala de xunta-s e que un baño dese edificio tamen ten filtracións de auga.
- Sobre a EGAP -onde se instalaron recentemente varias unidades administrativas-, e o calor/frío que fai na derradeira planta que é insoportable dependendo da época do ano. Díxosenos que estaba posto un andamio para limpar a fachada e solucionar o tema do teito de vidro que é por donde mete mais calor/frio na derradeira planta, tamen que iban a poñer aire acondicinado nos corredores cousa que ahora non ten.
- Goteiras que había no soto de Educación (San Caetano) xa esta solucionado e pintado a corredeira onde era.
- Sobre os coches que aparcan na beirarrúa entre Seguridade e o Rexistro e obrigan aos peóns a circular pola zona dos coches: dixeron que iban a manter unha reunión co responsable deste tema para que non se aparque nese lugar e que utilicen para aparcar -polo menos as visitas- a explanada que hai diante da cafetería e os coches oficias da Xunta que teñen que levalos para o aparcadoiro propio.
Por último, díxosenos que si comprobamos nós ou os traballadores ou traballadoras algún fallo nas cuestións de infraestruturas/mantemento, que lla fagamos chegar á subdirección e intentaría mediar para solucionalo.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario