Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 7 de xuño de 2016

Dereitos electorais do persoal traballador nas eleccións do 26 de xuño

Publicada no DOG do 7 de xuño a Orde que regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza nas eleccións convocadas para o día 26 de xuño. No DOG do 8 de xuño, publicouse a Orde que regulamenta o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea

O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autonóma de Galiza que o vindeiro día 26 de Xuño non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro (4) horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo coincida polo menos en catro horas co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais.

O persoal que na data do 26 de Xuño non se atope na localidade onde lle corresponda exercer o seu dereito ao voto, disporá dentro do seu horario laboral, de ata catro (4) horas libres para formular persoalmente a solicitude de certificación acredidativa da súa inscrición no censo, así como para a remisión do voto por correo

A traballadora ou traballador que o 26 de xuño sexa nomeado membro dunha mesa electoral, así como aquelas persoas que acrediten a súa condición de persoal interventor, terán dereito durante o día da votación a un permiso retribuído de xornada completa, se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. O persoal que acredite a súa condición de apoderado/a tamén disporá de permiso retribuído durante o día da votación, sempre que non disfrute nese día de descanso semanal.

A acreditación do persoal nomeado presidente/a ou vogal de mesas electorais ou da condición de interventores/as ou de apoderados/as, realizaráse mediante a presentación da certificación documental na dirección ou xefatura de persoal.

O persoal que se presente como candidato/a ás eleccións do víndeiro 26 de Xuño de 2016, poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo na súa respectiva unidade durante a campaña electoral, é dicer, den as cero horas do Venres, 10 de Xuño ata as vinte e catro horas do Venres, 24 de Xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario