A bombo e prato, así foi anunciado onte no Parlamento polo conselleiro de Facenda a devolución do que xa de por si viñan recoñecendo os xulgados, un tras outro.
Esta lei vén dun acordo botado tras o aumento do teito de gasto autorizado desde Madrid; o caso é que o único que vai na lei é o da devolución dun terzo do complemento específico da paga extra de xuño de 2013. Nada das pagas extras completas recortadas desde 2010 e nada tampouco na lei do que di de recuperar no 2017 os complementos específicos recortados desde 2013 (poñéndonos así tras 4 anos á altura do resto de persoal doutras Administracións). Isto último tería que ir na lei de orzamentos para o ano que vén, e xa veremos, que despois das eleccións, cambia moito o conto e desde Europa e o Banco de España xa están a pedir máis sangue:
Sobre cando van devolvere ese terzo do específico (ou parte equivalente para o persoal laboral) non concretan nada, nin sequera no acordo, din ao longo deste ano. Recordamos que esta previsto para setembro a devolución do último 25% da paga extra secuestrada en 2012 e moi problemente sexa esta parte do 2013 abonada tamén antes das eleccións autonómicas. Nin un pouquiño de autocrítica por aplicar retroactivamente un recorte ilegal, forzados pola morea de sentenzas, só falan de esforzos de devolver un total de 25 millóns de euros, esforzos porque recuperemos o poder adquisitivo e patatín e patatán.
Se quixer facer esforzos de verdade, que falen de devolver os complementos non abonados nas pagas extras destes anos, os artigos suspendidos do convenio colectivo e outros dereitos recortados durante estes anos. Ten bemoles, fan un recorte ilegal e aínda por riba, logo, cando están obrigados a cumprir, pretenden sacar rendemento político como se fixesen algo admirábel. Un pouquiño máis de seriedade e de humildade, por favor.

Máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario