Incríbel pero certo, falamos do Consello de Contas, ou máis ben debéramos dizer Consello de Contos vendo o caso que lle fai a súa propia lei de creación que di que o sistema ordinario de cobertura será o concurso; específico si, pero concurso ao fin e ao cabo.
No DOG do 13 de xuño, o único ordinario que vemos na súa recente publicada RPT son os postos de libre designacións (77 de 79) e o extraordinario son os postos por concurso (2 de 79). De feito, chéganse a cubrir por libre designación postos que nas
Administracións tanto estatal como autonómica ou local soen ser por
concruso, como son todos aqueles inferiores a nivel 28, onde o a RPT do
Consello de Contas inclúe por libre designación ata a totalidade dos
18 postos de "auxiliar administrativo/a", nivel 16.
O caso é que non estaría de máis poder ter mobilidade profesional neste órgano institucional (ou noutros) xa que os postos está abertos a persoal funcionario de todas as Administracións territoriais e os complementos específicos son bastante superiores aos da Xunta de Galiza. Poderíamos falar tamén de subir os específicos da Xunta, mais canto menos deberíamos falar da mobilidade profesional real e obxectiva, vía concurso, e xa postos dos convenios de reciprocidade entre Administracións.
Iso por non falar, no eido político, de racionalizar o número de LDs para aumentar a independencia do persoal na fiscalización e control da corrupción. Pero ese é xa outro conto...
Iso por non falar, no eido político, de racionalizar o número de LDs para aumentar a independencia do persoal na fiscalización e control da corrupción. Pero ese é xa outro conto...
Ningún comentario:
Publicar un comentario