Mentres estes días se fala moito das indemnizacións do persoal interino, as Administracións públicas vanse cubrindo as costas, en previsión dunha posible avalancha de indemnizacións. É o caso da Xunta de Galiza. O Goberno de Alberto Núñez Feijóo anunciou que vai aprobar a transformación de miles de traballadores laborais temporais e indefinidos en persoal funcionario interino. Isto que a primeira vista parece unha excelente noticia para estes traballadores é en realidade unha “xogada maquiavélica”.
O que vai facer a Xunta é cesar a miles de empregados temporais sen indemnización” Isto é, transformando os seus contratos de persoal laboral non fixo en persoal funcionario interino. A sentenza europea ten aplicación directa sobre o persoal laboral temporal, que terían dereito de indemnización, algo que non está claro no caso do persoal funcionario interino. Despois de pasar dun status a outro, en dous ou tres meses, pode haber un concurso de traslados (ou toma de posesión de procesos selectivo) que suporía quedar na rúa se un persoal funcionario de carreira pide o posto que ocupan, sen compensación algunha polos anos traballados anteriormente.
Tampouco está claro que teña dereito a ser indemnizado o persoal laboral que non acepte esta chantaxe e non queira pasar a ser persoal funcionario interino. É un vicio de consentimento como un templo. Ao xuízo de persoal xurista experto, o que fai o goberno galego é “fuxir” da aplicación das sentenzas europeas e “buscar argucias legais”.
Nunha entrevista en La Voz de Galicia, o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, explicaba que a transformación destes 8.000 laborais obedece a un “proceso de modernización” para “evitar a fragmentación das condicións de traballo”. Modernización é un bonito eufemismo para dicir que te poden botar á rúa sen un € de indeminización despois de anos de traballo e vai logo a reclamarlle ao xulgado do contenciososo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario