Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 2 de febreiro de 2017

Concentración no Parlamento, luns, 6 de febreiro: en defensa do emprego público na Galiza

O luns, 6 de febreiro, con motivo da votación dos Orzamentos 2017 terá lugar unha concentración fronte ao Parlamento en defensa do emprego pública na Galiza.


A perda de emprego público como consecuencia da taxa de reposición de efectivos


Na década dos anos 80, as Administracións Públicas fixeron unhas políticas de contratación de persoal ao seu servizo expansivas, para dotar á cidadanía de máis e mellores Servizos Públicos (por exemplo na Oferta de Emprego Público do Estado do ano 1986 fora de aproximadamente 29.000 persoas).

Dende os anos 90 as Ofertas de Emprego Público Público incluían unha Taxa de Reposición de Efectivos, na que se limitaba o acceso de novos efectivos a respeito das baixas que se producían cada ano.

Unhas veces a oferta de novas prazas era de unha porcentaxe das baixas producidas no ano anterior, e, nos últimos anos, do 0% (con algunas excepcións en algúns colectivos de “especial necesidade”).

Estas políticas en materia de Emprego Público, empregada tanto polos governos do PSOE coma do PP, e refrendada mediante pactos cos sindicatos estatais, supuxeron unha importante diminución do número de efectivos nas distintas Administracións Públicas (xa que ésta decisión era vinculante para todas as Administracións: Estatal, Autonómicas e Locais), o que supuxo un substancial incremento do desemprego e o evidente deterioro da calidade dos servizos públicos.

Así, as persoas que traballaban nos servizos públicos na Galiza baixaron dos 30.297 efectivos no ano 2009 aos 27.959 no 2016 na Admón. do Estado na Galiza. Na Administración da Xunta de Galiza pasamos de 89.299 no 2009 aos 86.499 no 2016. Na Administración Local, na Galiza, pasamos dos 31.563 no 2009 aos 28.098 no 2016. Polo tanto, no total das Administracións Públicas na Galiza, pasamos de un total de 151.159 empregadas e empregados públicos a 142.556, que supón unha perda total de 8.603 efectivos, polo que o emprego público caíu un 6% no noso país.

Consecuencias:

1.- Incremento do desemprego.
2.- Diminución da calidade dos Servizos Públicos.
3.- Privatización dos Servizos Públicos.
4.- Aumento da corrupción derivada da contratación de empresas privadas para xestionar actividades propias dos Poderes Públicos.

É por iso que dende a Federación de Administración Pública da CIG demandamos a desaparición da taxa de reposición de efectivos na Lei de Orzamentos do Estado e que se permita ás distintas administracións ampliar os seus cadros de persoal, o que tería como consecuencia unha baixada importante do desemprego, unha recuperacións dos custos e a mellora da calidade dos servizos públicos e a recuperación dos mesmos, así como a eliminación de prácticas corruptas derivada das privatizacións de servizos.

FONTE DE DATOS: Boletín Estatístico do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas (Xaneiro de 2009 e Xaneiro de 2016).

Luns 6/02/2017, ás 11h.
Por uns servizos públicos de calidade!
Recuperación dos dereitos e dos salarios roubados!

Ningún comentario:

Publicar un comentario