Non é só a Lei de Acompañamento o que se vota este luns 6 no Parlamento. Son tamén todas as barbaridades antilaborais que esta Xunta Dictadora quer facer, cando lle entregal aos sindicatos unha relación de supresión, extinción, refundición e mantenmento de todas as Categorías do Convenio Colectivo do Persoal Laboral SEN NENGUN CRITERIO.
Queren EXTINGUIR 77 categorías en base a unha FUNCIONARIZACIÓN PARA A CAL TAMPOUCO DAN MOTIVOS
Queren SUPRIMIR 21 categorías polo que xa non poderían traballar persoas que teñan calquera deses 21 oficios.
Queren MANTER 47 categorías tal cal, sen exponer
porque manteñen, por exemplo, Fotógrafo/a, Mestre/a Instructor, Titulado/a
Superior Lingüista, mentres que queren funcionarizar Titulado/a Superior
Químico, Titulado/a Superior, Titulado/a Superior Psicóloxía.
Queren REFUNDIR 33 categorías dos Grupos I, II e V, e non teñen claro se REFUNDIR OU MANTER 78 Categorías dos Grupos IV e V.
Toda esta barbaridade, todo este totum revolutum, ten un claro obxectivo: menos categorías farán o mesmo traballo e logo unha maior privatización. O que quer dicir,
que menos traballadoras traballarán máis, xa que cada categoría
resultante fará de todo un pouco, convertindo en realidade esa máxima
da Xunta de “facer máis con menos” e despois privatizar porque non se chega.
Esta Xunta que opera con criterios de empresa privada,
quere FUNCIONARIZAR, COMO MÍNIMO, a 57 categorías, mentres que están no
aire 78 categorías que non sabe se as vai REFUNDIR OU MANTER. CRITERIOS DE FUNCIONARIZACIÓN, por outra banda, que tratan de ocultar cando na realidade o que pretenden é abaratar o custe dos despedimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario