Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 11 de abril de 2018

Concentración de apoio ao persoal de Xustiza: 12 de abril en San Caetano

Os sectores da Administración autonómica da CIG, CCOO, CSIF e UGT convocan unha concentración de apoio mañá, xoves, 12 de abril, ás 11:00h diante de San Caetano (Compostela).


Porque a súa loita e as súas demandas son tamén as nosas: equiparación salarial, substitucións, eliminar os descontos por baixa laboral, etc. Levan máis de 60 xornadas de folga, con dignidade e resistencia, vencendo a prepotencia da maioría absoluta do PP que saca cartos para o que quere ou lle parece ben a equiparación salarial de Garda Civil ou Policía Nacional pero non a do resto de persoal público, para o que só lle agarda, no mellor dos casos, unha suba do 1,75% este ano, que nin repón o perdido nin contén a perda de poder adquisitivo.

Noutros momentos peores se fixeron conquistas sindicais máis grandes. Se o persoal de Xustiza se contentara co "éche o que hai", tiveran quedado como están; hoxe en día pasaron do "non se pode subir nada" a atravesar a barreira dos 100€ ao mes para as distintas categorías... claro que levan máis de 2 meses de folga reclamando o fin do agravio comparativo co persoal doutras comunidade autónomas.  E é que isa é a diferenza entre conquistar os dereitos ou que nolos dean feitos

Acude: hoxe por elas, mañán por nós!





Ningún comentario:

Publicar un comentario