"Menos discursos e máis concursos" foi un dos lemas estrela das concentracións de San Caetano |
Esiximos a volta inmediata á negociación das bases dos concursos permantentes de traslados, así como a súa posta en marcha este ano.
A recente sentenza do TSXG sobre as comisións de servizo pon na picota o adiamento sine die da convocatoria da maioría de concursos de traslados, convertendo as comisións de servizo no sistema ordinario de provisión e o concurso no extraordianrio. Por citar só dous exemplos que afectan a miles de traballadores e traballadoras, os últimos concursos de persoal laboral foron no 2011 e o de corpos especiais no 2012.
O atraso sine die da convocatoria de concursos de traslados en base a unhas reformas que non teñen data ou nunca chegan, supón unha lesión de dereitos de mobilidade, promoción e conciliación do persoal público e non se pode tolerar.
Lesión de dereitos sen xustificación
Desde
a Lei galega de emprego público de 2015 xa non hai norma que recolla a
obriga de convocar concursos anuais, cousa, por outro lado, que viña
sendo incumprida de xeito reiterado na anterior lei de función pública.
A
non convocatoria sine die de concursos de traslados
vulnera os dereitos do persoal público: a saber, o de mobilidade e
conciliación familiar, e tamén o de promoción profesional
no caso do persoal funcionario (pois a carreira adminstrativa sen cambiar de posto fica sen
desenvolver).
O
caso é que a Administración ten dereito a organizarse e decidir se
precisa persoal ou non pero cremos que os datos que saen das comisións de servizo nos diferentes corpos e escalas para cubrir postos vacantes
demostran que si son necesarios os concursos de traslados pois son o
sistema de provisión normal e as comisións de servizo o extraordinario e a
realidade vén demostrar que resulta ao revés.
De
novo, non se pode laminar sine die o dereito das traballadoras e
traballadores públicos falando dunhas eventuais reformas ou
modificacións que nunca chegan ou máis tendo en conta que a
Administración está sometida a continuas reformas, véxase as RPTs ou clasificación profesional, o cal
nunca vai deixar de suceder e nunca foi inconveniente para convocar os
pasados concursos de traslados. É máis, foi a Adminsitración a que
quitou decenas de postos dos concursos anteriores por "vindeira
amortización" ou "modificación substancial" das RPTs.
Unha
cousa ademais é que estas modificacións que aduce a Administración para
non convocar concursos de trasalados teñan data concreta e como tal se
produzan e outra cousa que sexan sine die, que é o que está
ocurrindo na actualidade. Non hai xustificación abonda, polo tanto, que
poida implicar a lesión dos dereitos de miles de empregados e empregadas
públicas de mobilidade, conciliación e promoción profesional.
Cobertura extraordinaria e urxente necesidade
Desde a CIG, cos datos que manexamos das comisións de servizo de persoal funcionario, poñemos en dúbida que este sexa na práctica un sistema de cobertura extraordinario.
Máis ben, e confrontando coa periodicidade da convocatoria de concursos
de traslados, é o sistema ordinario de provisión de postos. Recordamos
os datos que facilitabamos neste Boletín, onde no período de dous anos que vai entre xullo de 2015 e xullo de 2017 houbo 2.184 resolucións de comisións de servizo e outras 1.667 resolución de renovacións.
Por
outra banda, a urxencia na meirande parte dos casos remataba cos
concursos permanentes pois hoxe en día coa tecnoloxía dispoñible e o
desenvolvemento normativo da Administración electrónica serían plenamente
operativos. Outra cousa é que non hai interese político, algo que se
demostra no adiamento sine die das convocatorias de concursos de
traslados, ou máis recentemente, o adiamento da negociación das bases
dos concursos permanentes que comezou en xuño do ano pasado e fica paralizada desde novembro.
A continuación poñemos o último ano dos diferentes concursos convocados desde a Administración xeral da Xunta de Galiza:
- Axentes forestais e facultativos medioambientais - 2009
- Persoal laboral - 2011
- Escala de persoal veterinario - 2011
- Escalas de Mar e Medio Rural - 2012
- Escalas de consumo - 2012
- Corpos especiais - 2012
- Escalas de informática - 2013
- Corpos xerais - 2015
- Escala de estatística - 2017
- Escala de finanzas - 2017
Nalgún
destes casos, o ano referido foi o do primeiro e último concurso en
todo o que leva de historia esta Administración, porén, en todo caso,
vendo os datos de comisións de servizo dispoñibles (ou adscricións no
caso do persoal laboral), resulta un insulto e un atentado contra os
dereitos do persoal público.
Máis concursos e menos discursos
Falouse moito dos concursos de traslados aló polo Debate do Estado da Autonomía de 2015
en sé parlamentar, como unha actuación da liña de mellora para
empregadas e empregados públicos, mesmo se falou de concurso permanente.
Tralas resoluciós tamén ficamos acostumadas a ver notas de prensa sobre os moitos postos convocados ou a pericia da Administración na súa resolución.
A realidade é outra: nunca se sabe cando vai ser convocado un concurso de trasaldos na Xunta e menos cando vai ser resolto
e iso a pesar das melloras na tramitación electrónica. Porén, non vemos
vontade política en que se faga real o dereito á mobilidade e promoción
profesional do persoal. Agardamos que, coa recente sentenza do TSXG, agora que a Administración ten que
tomarse o traballo de motivar singularmente, notificar e publicar, termine por darse conta de que lle
resultaría máis práctico convocar concursos de traslados.
Por outra banda, defendemos os concursos permanentes por dous motivos: 1) garántese a cobertura baixo demanda de postos públicos por criterios obxectivos e 2) non se producen desequilibrios organizativos na Administración autonómica ao andar saltando de posto a posto ao mesmo tempo centos de persoas.
Estes dous aspectos non só son bos para a gran maioría de traballadoras e traballadores públicos que poden facer carreira administrativa sabendo ao que aterse e con maiores garantías, senón tamén para a cidadanía que recibe un servizo profesional e independente. Non entendemos que a Xunta poña os seus intereses de seguir controlando arbitrariamente a cobertura dos postos de concurso por diante, xa non dos nosos dereitos, senón do bo funcionamento da Administración e das garantías de servizo á cidadanía.
Por outra banda, defendemos os concursos permanentes por dous motivos: 1) garántese a cobertura baixo demanda de postos públicos por criterios obxectivos e 2) non se producen desequilibrios organizativos na Administración autonómica ao andar saltando de posto a posto ao mesmo tempo centos de persoas.
Estes dous aspectos non só son bos para a gran maioría de traballadoras e traballadores públicos que poden facer carreira administrativa sabendo ao que aterse e con maiores garantías, senón tamén para a cidadanía que recibe un servizo profesional e independente. Non entendemos que a Xunta poña os seus intereses de seguir controlando arbitrariamente a cobertura dos postos de concurso por diante, xa non dos nosos dereitos, senón do bo funcionamento da Administración e das garantías de servizo á cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario