Tralas convocatorias en marzo, convócase agora as axudas económicas para as nais e pais que non obtivera praza en calquera tipo de escola sostida con fondos públicos (e marcase a opción Bono Concilia) ou en sitios onde nin sequera haxa estas escolas infantís.
Isto de quedar sen praza na pública (ou na concertada) é algo habitual e que se repite ano tras ano; este ano son 3.300 nenas e nenos segundo os datos que sairán publicados o martes 3 de maio. E iso, a pesar da baixa taxa de natalidade que temos; a falta de servizos públicos e de medidas de conciliación ten moito que ver.
Demóstrase necesario reforzar a rede galega pública de escolas infantís (e de persoal público) e implementar medidas de conciliación en serio, senón iremos camiño de ser un país de persoas maiores. O contrario é apostar pola subvención dos servizos privados, no canto de potenciar os servizos públicos, camiño que está levando tamén a sanidade e a ensinaza.

A axuda do Bono Concilia consiste nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza e estará en función da renda per cápita da unidade familiar. O prazo será ata o 29 de maio. Toda a información atópase na orde da convocatoria desas axudas, no DOG do 29 de abril. Desta forma, a Xunta pretende eliminar o problema político das listas de agarda pero non soluciona o problema social.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario