Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 3 de maio de 2016

RPT persoal funcionario non docente destinado en centros de ensino: aprobada na Comisión de Persoal co voto en contra dos sindicatos

O venres 29 de abril houbo Mesa Xeral onde se levou a RPT de centros de ensino. A Administración presentou unha proposta con moi poucas modificacións con relación ás ultimas xuntanzas: a do 23 de febreiro e a do 1 de marzo. Para a Comisión de Persoal do 2 de maio a documentación foi a mesma que a da Mesa Xeral, aínda que comunican algúns cambios(*)

Antes de iniciar a votación, a CIG solicitoulle ao director xeral a retirada deste punto da orde do día a través dun escrito rexistrado no que se denuncia a pretensión de amortizar 42 postos por, según os responsables da consellería, non ter dotación orzamentaria ao ser utilizada esta dotación para outros fins, sen que pasase por ningunha mesa de negociación. Apróbase co voto en contra das catro organizacións sindicais.

(*) Cambios comunicados na Comisión de Persoal: Informa o director xeral da Función Pública de que para o cambio de adscrición van manter os criterios da memoria funcional. Tamén informa do cambio no código dun dos postos aos que se lle vai a cambiar a adscrición, concretamente o do posto do IES de Monelos (A Coruña) que se vai a adscribir ao CEIP San Francisco Javier (A Coruña), que cambia o seu código ED.C99.40.304.15001.002 polo ED.C99.40.304.15001.003.

En definitiva, que non aceptan a proposta da CIG de crear como novos os postos os que pretenden trasladar dende os IES. Consideramos que estes postos se deben crear como postos novos e cubrilos mediante comisión de servizos ou chamamentos das listas de substitución mentres non se cubran mediante concurso.

Despois de demandar un plan plurianual para a creación de postos de auxiliar en todos os centros de ensino e de subalternos naqueles onde non existan postos dos concellos, así como a creación de postos de xefaturas de secretaría en centros cun elevado número de matrículas e a invitación a reflexionar sobre a transformación das secretarías dos centros de ensino en postos, no canto de cargos, de corpos xerais, vemos que esta consellaría, cun Capítulo I tan elevado, é incapaz de satisfacer as demandas do persoal e as necesidades cada vez maiores dos centros de estar dotados de persoal dos corpos xerais.

Volvemos a pedirlle á Consellaría que faga un esforzo ata a Comisión de Persoal para cambiar traslados e asignación de postos por creación de postos novos, sabendo ademais que no caso de persoal non docente de centros de ensino, a Lei 12/2015 de Orzamentos Xerais, permitiría, a través dos artigos 13.5 e 14.1 atender esta demanda.

Polo demais sinalar que respectan o compromiso de non amortizar ningún posto ocupado por persoal interino e nós reiterámonos no resto de alegacións xa expostas nas xuntanzas previas.

A Consellaría aclara que non van modificar as rateos empregadas para a dotación de persoal nos centros, aceptan que os postos novos sexan cubertos en comisión de servizos ou mediante persoal interino mentres non se cubran mediante concurso, a excepción dos traslados de persoal dende os IES, e recoñecen que a presenza de inspectores de Educación nos centros para comunicar o traslado é un erro por non ter sido avisado antes o centro dende os servizos de persoal sobre este asunto.


A PROPOSTA DE EDUCACIÓN PARA Á MESA XERAL FOI A SEGUINTE:

Creación de postos xa dotados

Xefatura territorial Coruña:
        IES de Carral: 2 subalternos.
        IES de Culleredo: 1 auxiliar, 2 subalternos.
Xefatura territorial Ourense:
        EPA Ourense: 1 auxiliar. 1 subalterno.
        Escola de arte “Antonio Failde” (Ourense): 1 subalterno.
        IES de Vilamarín: 1 subalterno.
 Xefatura territorial Pontevedra:
        CRD Vigo: 1 subalterno.

Creación de postos novos

Xefatura territorial Coruña:
        Crean 1 posto de auxiliar en 33 CEIP`s. [PARA A MESA XERAL CREAN UN POSTO NO CEIP SALGADO TORRES DA CORUÑA (ANTES MOVÍAN DO IES URBANO LUGRIS)] 
Xefatura territorial Lugo:
        Crean 1 posto de auxiliar en 4 CEIPs.
Xefatura territorial Ourense:
        Crean 1 posto de auxiliar en 3 CEIPs.
        Crean 1 posto de auxiliar no CPI Antonio Faílde (este centro compartía auxiliar con outro CPI de Ourense, e desdóbrano).
Xefatura territorial Pontevedra:
        Crean 1 posto de auxiliar en 25 CEIPs. [PARA A MESA XERAL CREAN NOVOS NO CEIP CASTRILLÓN-COIRO DE CANGAS E NO CEIP HUMBERTO JUANES DE NIGRÁN (ANTES TRASLADABAN UN AUXILIAR DO IES ESCOLAS PROVAL PARA O CEIP HUMBERTO JUANES) E SUBSTITÚEN A CREACIÓN DUN POSTO NO CEIP GARCÍA BARBÓN DE VIGO POR OUTRO NO CEIP FRIAN-TEIS DE VIGO (XA QUE O 1º VAISE CUBRIR POR TRASLADO DENDE IES R.O. DO URUGUAI)]


Amortización de postos

Amortizan 42 postos sen dotación orzamentaria, vacantes que consideran non necesarios en atención ao número de alumnos. A dotación foi empregada noutros postos (fundamentalmente persoal laboral). Case todos en IES (algún CIFP e CEIP).
Amortizan postos con dotación orzamentaria, retirados do concurso, por consideralos prescindíbeis en atención ao número de alumnos.
Todos os postos son de auxiliares, subalternos e xefaturas de secretaría.

Xefatura territorial Coruña:
        20 postos sen dotación. [PARA A MESA XERAL RETIRAN A AMORTIZACIÓN DO POSTO DE SUBALTERNO NO IES DE CURTIS]
        14 postos con dotación, vacantes, sen ocupación.
        1 posto con dotación, vacante, ocupado en comisión de servizo.
Xefatura territorial Lugo:
        5 postos sen dotación.
        5 postos con dotación, vacantes, sen ocupación.
Xefatura territorial Ourense:
        8 postos sen dotación.
        1 posto con dotación, vacante, sen ocupación.
Xefatura territorial Pontevedra:
        9 postos sen dotación.
        4 postos con dotación, vacantes, sen ocupación.
        2 posto con dotación, vacantea, ocupados en comisión de servizo.


Modificación do centro de destino

Son postos de IES ocupados con carácter definitivo que moven a centros de infantil e primaria, todos na mesma localidade. Din que moven os ocupados máis recentemente.
  • Xefatura territorial Coruña: moven 12 postos (a maioría de IES, dous CEIP e 1 CPI, que van a maioría a CEIPs, e 1 a IES). [PARA A MESA XERAL NON MOVEN O AUXILIAR DO IES URBANO LUGRÍS AO CEIP SALGADO TORRES DA CORUÑA PORQUE ESTA PRAZA A CREAN NOVA]
  • Xefatura territorial Lugo: moven 4 postos (de IES a CEIPs
  • Xefatura territorial Ourense: moven 8 postos (de IES a CEIPs)
  • Xefatura territorial Pontevedra: moven 9 postos (a maioría de IES, a CEIPs) [PARA A MESA XERAL O AUXILIAR DE IES R.O DO URUGUAI VAI PARA O CEIP GARCÍA BARBÓN EN VEZ DE PARA O FRIÁN-TEIS QUE SE CREA O POSTO]

Outras modificacións

  • Suprimen observacións referentes á ocupación de postos por persoal laboral que xa non está no posto. [PARA A MESA XERAL RETIRAN DA PROPOSTA DE CAMBIO DE OBSERVACIÓNS NO POSTO DE SUBALTERNO 006 NO IES XESUS TABOADA CHIVITE DE VERÍN]
  • Adaptan os postos dun IES de Ribadeo consecuencia da reorganización dos centros da localidade. A todos os postos lles respectan a localidade.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario