Información que nos trasladan desde forGA Milladoiro relativa ás accións formativas próximas a iniciarse, tanto co-financiada polo Fondo Social Europeo, como a formación non subvencionada.
Do mesmo modo, trasladan tamén información de ofertas laborais que se presentan ao seu servizo de Orientación e que pode resultar de interese. Procúranse prazas de soldador/a, e caldereiro/a para traballar na Coruña. De ser do teu interese, tes que dirixirte a nosa compañeira Madalena Oro, responsábel de Orientación Laboral, no telefone 981939434.
En relación a accións formativas de inicio inminente, subvencionadas e gratuítas, está a piques de saír a formación dirixida a traballadores e traballadoras en situación de desemprego (AFD). A formación solicitada (e pendente de ser concedida) por forGA Milladoiro para este ano foi a seguinte:
.- Xestión Integrada de Recursos Humanos
.- Xestión contable e xestión administrativa
.- Asistencia á dirección
.- Docencia da formación profesional para o emprego
.- Organización e xestión de almacéns
.- Xestión e control do aprovisionamento
.- Dinamización comunitaria
No momento en que teñamos a confirmación de cales se executan, pasarásevos a información concreta.
Dentro da formación subvencionada, está pendente de saír a convocatoria de formación continua dirixida principalmente a traballadores e traballadoras en activo. Este ano ven moi atrasada a súa publicación. Aínda non hai unha previsión da formación que terá prioridade.
Dentro da formación non subvencionada, forGA programou o Certificado de Profesionalidade, “Docencia da formación profesional para o emprego”, en Pontecaldelas e no Milladoiro, con un prezo de 1460 euros (1170 para afiliados/as), e facilidades de pago. É un curso interesante para quen conta con experiencia profesional e quere engadir a posibilidade de exercer a docencia no seu campo profesional, dentro da formación profesional para o emprego. Se queres máis información ao respecto podes solicitarlla a nosa compañeira Beni Costas, no telefone 981939434, ou no correo snarea.execucion@forga.org
Tamén, na formación non subvencionada, estamos preparando a execución de cursos de “Operador/a de plataformas elevadoras” e de “Operador/a de carretillas elevadoras”. Esta formación será mixta, a parte teórica na modalidade de teleformación, e a parte práctica, presencial. Está formación, aínda que é de pago, pódese financiar coas cotas da seguridade social da empresa no caso de reunirse os requisitos (bonificada).
Se tedes diplomas pendentes de retirar, lembrarvos que os horarios de atención ao público son de 09:00 a 14:30, de luns a venres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario