O día 12 de febreiro houbera unha reunión coa AMTEGA na que se falou da súa RPT, do vindeiro concurso de traslados e da homologación salarial do grupo III-091. Quedaron en varias cuestións pendentes, que nos ían reunir en marzo e patatín e patatán e a día de hoxe seguimos sen resposta. Iso sí, o que lle interesaba que era a modificación puntual da RPT "ad hoc" para traer unha persoa do concello de Santiago, iso si que foi rápido e xa está finiquitado.
A semana pasada diriximos un escrito ao Xerente cos seguintes puntos:
- Concurso de traslados escalas informática: Na Mesa Xeral do 11 de marzo cometáronnos que non había inconveniente de convocalo pero que tería que haber unha proposta formal da AMTEGA. A día de hoxe non temos constancia desa proposta.
- Homologación salarial persoal laboral grupo III-091: Este complemento hai xente que o está cobrando e xente que non. Solicitámoslle, outra vez, a listaxe de RPT na que figure a liña orzamentaria de cada un dos postos afectados e se está a cobrar ou no o complemento informático equivalente do persoal funcionario.
- Teletraballo: seguimos con queixas do persoal da AMTEGA sobre este tema, nomeadamente, persoas que solicitou ata 3 xornadas a semana e só se lle está a conceder 1; tema que xa chegou á institución do Valedor do Pobo.
Novas relacionadas:
Están moi ben as queixas pero tampouco estaría de máis que algún de vos se acordara de que o persoal laboral fixo levamos máis de 20 anos sen promoción interna ni posibilidade de participar en ningún tipo de concurso dende que se funcionarizou a escala e nos deixaron a nós sen funcionarizar. Está claro que iso vos importa un carallo.
ResponderEliminarO tema de concurso e promo do persoal laboral vai máis ben encamiñado contra Función Pública, que non hai concursos separados por categorías, como si o persoal funcionario en determinadas escalas e aí si ten moito que dicir AMTEGA. O concurso de persoal laboral (e a reivindicación do permanente) así como a promo interna si que importa a este sindicato (e creo que a calquera), outra cousa é que cando algo afecta a uns traballadores e non a outros, os outros pasen e viceversa. En calquera caso, que nunha ocasión se centre unha nota nunha cuestión e non noutra, non quere dicir que se esquenzan as outras reivindicacións e ao outro persoal, é de lóxica.
Eliminarhttp://cigsancaetano.blogspot.com.es/2016/04/a-cig-denuncia-o-acordo-asinado-por.html
http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2016/02/moita-atencion-todos-os-que-preparan.html
http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2015/11/a-manifestacion-pola-derrogacion-da-lei_27.html
Por certo, o último concurso de persoal laboral foi no 2011 separado en grupos V e logo o do IV,III,II e I. O problema de fondo do persoal laboral é que hai categorías nas que o concurso é case imposible pola escasez de postos Algo que vai, sen frenos e costa a baixo,en común co resto de prazas públicas, tendo en conta a decisión política de privatización e amortizacións de prazas. Non, non nos importa un carallo pero agradécese a opinión e que a xente fale e se queixe, discuta, pero que tamén nos apoiemos unhas ás outras (e viceversa) que boa falta fai algo de solidariedade entre clase traballadora.
Boas.
ResponderEliminarOnde pon "Homologación salarial persoal laboral grupo III-019"
debería por "Homologación salarial persoal laboral grupo III-091".
Un saúdo.
Arranxado. Grazas!
Eliminar