Membros do Comité de Empresa de Política Social da Coruña, acompañados de Suso Seixo (Secretario Xeral da CIG), de José Vázquez González (Secretario Nacional Sector Autonómica FSP-UGT Galicia) e membros doutros órganos de representación, en apoio, presentaron hoxe no rexistro xeral da Xunta de Galicia o INFORME SOBRE SITUACIÓN DOS CENTROS DE ATENCIÓN DIRECTA (Residencias de Maiores, Centros de Menores e CPAD da Coruña), de POLÍTICA SOCIAL NA PROVINCIA DA CORUÑA.
O Presidente do Comité de Empresa, José Manuel López Viqueira presentou un informe que detalla punto por punto as graves carencias que están a ter as Residencias da Terceira Idade, Centros de Menores e CAPD da Coruña. Nun informe recollido centro por centro e verificado polos representantes dos traballadores no Comité de Empresa. Para Lopez Viqueira "a situación de deterioro e abandono destes centros ten chegado a unha situación alarmante e os recortes e non cobertura de postos de traballo amenazan a calidade das prestacións e o mantemento dos servizos básicos a prestar aos usuarios". Asegurou que nestes centros falta de todo "dende fregaplatos que non funcionan e hai que lavar a louza a man ata falta de guindastres, arneses e baños xeriatricos".
O informe remitido hoxe ao conselleiro de política social, Rey Varela, demostra as condicións de sobreexplotación e perigosidade nas que esta a traballar o persoal laboral e as carencias de todo tipo que se dan nestes centros de atención directa da provincia da Coruña.
O presidente do Comité, ´López Viqueira, afirmou que "o informe mostra a situación real e non a pompa e boato publicitario co que Nuñez Feijoo e Rey Varela adornan a neglixencia e a incuria coa que se xestionan os centros de atención directa de Política Social na provincia da Coruña".
Por último o Comité de Empresa solicita de Rey Varela que una vez coñecida e valorada a situación dos centros que se refiren no Informe, tome as medidas oportunos para solucionar a problemática e proceda a dotalos das infraestructuras, medios e persoal necesario para o seu funcionamento.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario