Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 19 de maio de 2016

Comezou a folga indefinida do persoal Inspector Farmacéutico de Saúde Pública

O persoal Inspector Farmacéutico de Saúde Pública (FISP), iniciaron este mércores 18 de maio a folga indefinida, que foi secundada polo 97% do colectivo.

A Consellería de Sanidade está intentando boicotear o dereito de folga dos Farmacéuticos Inspectores, impoñendo uns servizos mínimos claramente abusivos e desproporcionados, así como reprogramando servizos que non son nin urxentes nin esenciais.

Trala comunicación do inicio de folga, o día 4 de maio, desde a Xunta de Galicia non se fixo ningún esforzo para atender as reivindicacións do colectivo do FISP, nin para dar resposta as graves carencias que ten o servizo de saúde ambiental.

Pola contra a Consellería de Sanidade, decidiu boicotear a convocatoria de folga, impoñendo servizos mínimos abusivos cos que pretendeu, primeiro amedrentar ao colectivo, e como non lle funcionou esa estratexia está recorrendo ao “esquilorismo empresarial” consistente en, reprogramar mais carga de traballo, os días de folga, que o resto dos días ordinarios do ano.

Esta incomprensible actitude dos responsables da Consellería de Sanidade, que demostran o máis absoluto desprezo e abandono no que á saúde ambiental se refire, obrigou ao colectivo de Farmacéuticos inspectores de saúde pública a comezar hoxe, 18 de maio, unha folga indefinida, que foi secundada polo 97% dos efectivos que podían secundala.

A Xunta de Galicia deberá aclararlle a opinión pública, si este corpo de inspección é esencial ou non para protexer a saúde pública da poboación, xa que desde a súa creación nunca tivo en conta a súa importancia, salvo nesta convocatoria de folga, na que o establecemento dos servizos mínimos e as funcións fixadas, se corresponden as dun colectivo que se “pretende vender” como imprescindible. Curiosamente ese recoñecemento profesional de corpo esencial, que os propios inspectores e as organizacións sindicais veñen reclamando desde a súa creación, é o que lle ven negando sistematicamente a Consellería de Sanidade.

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT xunto do colectivo de Farmacéuticos Inspectores van continuar coa folga indefinida, ata que a Xunta de Galicia convoque unha mesa de negociación para acometer as reformas necesarias consistentes en establecer unha estrutura adecuada, mellorar a súa organización e dotada dos recursos necesarios, para afrontar calquera situación sanitaria grave que poida producirse na nosa Comunidade.

A folga terá continuidade na próxima semana os día 23, 24 e 25 maio, polo que está nas mans dos Conselleiros de Sanidade e de Facenda, poñerlle fin a mesma, mediante a negociación e o diálogo, sempre sobre a base da mellora do servizo público e do recoñecemento profesional do colectivo.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario