O Pleno do 7 de abril a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais aprobou por unanimidade facer unha nota pública esixindo a devolución inmediata da parte da paga extra de 2013 que recoñece a Xustiza.
Trátase de porlle fin a unha a dinámica de demandas xudicias nos diferentes xulgados e tribunais co obxecto de aforrar custos e recursos públicos á cidadanía galega en pleitos sen sentido contra seu propio persoal.
Trátase de porlle fin a unha a dinámica de demandas xudicias nos diferentes xulgados e tribunais co obxecto de aforrar custos e recursos públicos á cidadanía galega en pleitos sen sentido contra seu propio persoal.
<<Este órgano de representación, vén de coñecer a primeira sentenza positiva do Tribunal Supremo ao respecto do conflito colectivo da paga extra 2013, un dos diversos conflitos colectivos no ámbito do persoal laboral polo recorte nas pagas extras do 2013 perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).
Xa no ano 2014 o TSXG fallou favorablemente as reclamacións subsidirias destes colectivos, tanto da Administración xeral da Xunta de Galiza como dos diferentes entes instrumentais autonómicos. Nestes casos non se admitía a devolución do total do recorte nas pagas extras do 2013 (sobre un 5% da masa salarial) pero si da súa parte devindicada ao entrar en vigor a Lei de Orzamentos dese ano o 1 de marzo.
Así mesmo, dende o pasado ano 2015, no ámbito do persoal funcionario dos corpos xerais da Xunta de Galicia, estanse a xerar multitude de sentenzas individuais que fallan na súa totalidade a favor das reclamacións que o persoal funcionario está a presentar. En varias destas sentenzas estanse a producir costas que condean á Administración a pagos que chegan, en casos, aos 400 € por proceso.
Todos e cada un dos recursos presentados polo persaol da Xunta de Galicia, en todos os ámbitos (Ensino, Saúde, Persoal funcionario dos corpos xerais e persoal laboral) están dando a razón aos traballadores e traballadoras públicas.
A Xunta de Persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia, entende que a Xunta de Galicia está embarcada nunha espiral de recursos co obxecto de atrasar todo o posible o inevitable e sen máis espectativas que gastar os cartos da cidadanía en reclamacións estériles xudicialmente.
Non ten ningún sentido alongar esta situación e gastar recursos públicos, tanto económicos como humanos, en pleitexar contra os seus propios administrados e administradas cando o que se pretende é agochar a ineficacia política que supuxo aprobar os orzamentos, e por ende o recorte que supuxo o específico nas extras, no ano 2013.
Novas relacionadas:
Fálase:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/08/junta-personal-xunta-pide-devuelva-parte-extra-2013/0003_201604G8P8994.htm
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28785-funcionarios-critican-xunta-querer-pagar-paga-extra-2013
http://www.galizacig.gal/avantar/novas/8-4-2016/a-xunta-de-persoal-funcionario-dos-servizos-centrais-da-xunta-exixe-a-devolucion-da-p
Ningún comentario:
Publicar un comentario