Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 18 de abril de 2016

RPT Cultura e Eduación: amortizacións e despedimentos en diferido

Continuación esta dunha proposta do 2014 baseada na execución das amortizacións da Lei de Orzamentos de 2013 que ao final executan agora engadindo unha mínima parte boa de subida de niveis e creación dalgunha praza (ad hoc nalgún caso) cunha nova parte mala da modificación substancial das condicións de traballo do persoal funcionario de bibliotecas sen compensación algunha.

Houbo o 13 de abril unha desas reunións pseudoinformativas que pretenden colar como negociación, e dicimos pseudoinfomativa porque da información ou preguntas que facíamos había demasiadas negativas.
Un total de 30 prazas pasan a mellor vida: 16 vacantes que deixaron sen dotación orzamentaria en centros territoriais (arquivo do Reino, Museo de Ribadavia) e prazas base A1 na Dirección Xeral de Patrimonio; 14 por razóns funcionais", entre as cales hai 2 que non están vacantes senón ocupadas por persoal laboral e que suporá 2 novos despedimentos. A estas hai que sumarlles os 9 da área de Educación.

A cambio, na área de Cultura crean 3 postos: 1 sección nivel 25 na Biblioteca de Galicia que aínda non teñen moi claro (polo exposto na reunión) se A1 ou A2 pero o que si teñen moi claro é pedir un cursiño de BIBLIOTECA DIXITAL que só impartiu o INAP (nin sequera a EGAP) como requisito imprescindible; 2 postos de persoal subalterno no Museo das Peregrinacións aos que ollo, póñenlle un complemento específico máis baixo do que corresponde para postos que realizan funcións fóra da xornada ordinaria de mañá de luns a venres.

Na área de Eduación crean 7 postos de nivel de sección ou negociado, ás costas de cargarse postos base; destaca a creación dunha Sección de Inspección na SX de Universidades (para corpos xerais, ollo) co requisito imprescindible de carné de conducir e a seguinte observación: FUNCIÓNS INSPECTORAS AUTONÓMICAS PREVISTAS NO CAPÍTULO III DO TÍTULO  III DA LEI 6/2013, DO 13 DE XUÑO, DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA, OU NORMA QUE A SUBSTITÚA. Máis inversión da pirámide de recursos humanos propios e nova xustificación para vindeiras privatizacións.

O balance neto é de 29 postos amortizados (39 amortizados e 10 creados).

Modifican substancialmente a xornada de todos os postos das bibliotecas públicas que na memoria que figuraban como "cando sexa vacante pasar a xornada de mañá ou tarde" por "xornada de mañá ou tarde". Isto é unha modificación substancial en toda regra e así o recoñece, por exemplo, o artigo 41 do Estatuto dos Traballadores. Ao persoal funcionario pretenden cambiarlle as condicións de traballo sen ningunha compensación.

O aumento dos usuarios de bibliotecas públicos pretenden cubrilos con bolsas de "formación", non con postos de traballo en RPT.

A parte netamente positiva: igualan todos os Técnicos/as Medios/as da Consellería (arquivos, bibliotecas e museos) ao nivel 18; afecta a 26 postos de TM de Bibliotecas, 16 TM de Arquivos e 13 TM de Museos.

Por certo, a proposta da RPT de Educación de persoal funcionario non docente de centros de ensino segue pendente de pechar.

E non hai máis, que din que "non hai pasta" mais tampouco queren darnos a coñecer os documentos económicos da proposta. Transparencia?

ACTUALIZACIÓN (26/04/2016): nunha segunda reunión comunican unhas pequenas variacións que non alteran o sustancial da tixeira que lle menten aos postos públicos. Por un lado crean dous novos postos: 1 xefatura de sección A1-A2, nivel 25, no Arquivo de Galiza (mérito dun curso de arquivo dixital e este polo menos si o imparten na EGAP) e 1 posto base nivel 20, arqueólogo/a, na Dirección Xeral de Patrimonio; amortizan outros dous novos postos na Dirección Xeral de Patrimonio e na Xefatura Territorial da Coruña. Subtitúen un dos postos para amortizar que estaba ocupado por outro sen ocupar, salvando un despedimento, pero quedando outro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario