Aínda falta por publicar a composición dos tribunais do A1, tanto de promoción interna de corpos xerais como da escala de finanzas.
Non era sen tempo, tal como avanzábamos a comezos da semana pasada, por fin temos datas dos primeiros exames e hai tribunais nomeados, canto menos a maioría. As datas coñecíamolas o xoves a última hora e os tribunais foron publicados no DOG do 15 de abril:
- Corpos xerais promoción interna C2 (OPE 2009, 2011 e 2012)
- Corpos xerais promoción interna C1 (OPE 2009 e 2012)
- Corpos xerais promoción interna A2 (OPE 2009 e 2012)
- Finanzas A2 (OPE 2013)
Estes procesos poden ser considerados xa un "gran reserva" tendo en conta que derivan dunha OPE acumulada desde 2009. As convocatorias xa suficientemente envellecidas foron accidentadas, logo de cambiar radicalmente os modelos de exame; tras pequenos cambios e meses de borradores saíron ao final a mediados do ano pasado cunha inútil previsión inicial do primeiro exercicio "non antes do 15 de novembro de 2015". E mirade onde estamos.
Por outra banda, con data de 12 de abril, menos de 2 meses antes dos exames, foron ao fin actualizados os últimos temarios da EGAP que faltaban da promoción interna, os máis complexos e que levaban temas de desenvolver, os do A2 e A1. Recordamos que as modificacións foron publicadas no DOG do 18 de novembro de 2015.
Novas relacionadas:
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario