Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 20 de abril de 2016

Non somos traballadoras e traballadores públicos de segunda... aínda que nos traten como tal

Está hoxe nas portadas dos principais medios: o Goberno do Estado devolverá en abril o 50% que resta daquela paga extra retida desde nadal de 2012. Cando se preparaban os Orzamentos do Estado había compromiso de devolvelo en xaneiro, ollo, pero retrasaron a devolución e precisamente o fan agora, en abril. A medida é claramente electoralista e moi hipócrita por parte dun goberno que se di en funcións para non comparecer ante o Congreso.

Punto e a parte merece a consideración que esta medida vén nun momento que a UE relaxa os obxectivos de déficit para España un ano máis e o propio ministro de Economía di que non cumpliremos nin este ano nin o outro.  Catro anos de duros recortes sobre a clase traballadora, mentres a clase privilexiada levaba os cartos para Panamá, e total para que siga aumentando a débeda pública (a base de rescatar bancos, de obras faraónicas e de corrupción a mans cheas) e non cumplir nunca cos seus propios obxectivos, entre os cales non están os servizos públicos nin salvar a vida das persoas como se está demostrando desgraciadamente estes días.

E aquí? Aquí son máis listos cos allos: devolven o que queda en dúas tandas para cubrir as posibles datas eleitorais de antes de verán (as xerais/autonómicas) e despois do verán (as autonómicas). E iso que tiñamos mellores cifras e a pesar do cal cobraremos máis tarde. Ollo que xa cobramos máis tarde no primeiro pagamento en xaneiro do ano pasado cando só nos devolveron un 12,5% (mentres ás compas do Estado lle devolvían xa o 25%) porque aquí decidiron gardar o outro 12,5% para maio coincidindo coas eleccións municipais. Ver gráfico.

E así seguimos cunha colección de agravios: recordamos que aquí levamos coas pagas extras sen complemento específico desde 2013, co que se aforran 200 millóns de € ao ano ás nosas costas; que por non querer devolver nin queren devolver o que recoñece a Xustiza en todos os ámbitos (xulgados dos contencioso, TSXG, TS). E logo outras cuestións non retributivas, pero que demostran tamén que nos consideran traballadoras e traballadores públicos de segunda: véxase as promocións internas,  os concursos de traslados ou a non aplicación completa da  Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas (BOE 10/12/2015) ou doutras medidas de conciliación.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario