Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 18 de abril de 2016

O TSXG fala de "falta de limpeza" e o TS de "arbitrariedade" nas oposicións da Xunta

Non estamos na Deputación de Ourense, non, esto non chega ata o punto de que Porntube emita os procesos selectivos, pero por desgraza, do elemento fundamental non estamos tan lonxe. A terrible discrecionalidade que rodea calquera proceso selectivo na Xunta fai que aos poucos esteamos lendo notas na prensa de sentenzas nos tribunais superior e supremo, despois de moitos anos, falando de "falta de limpeza" e "arbitrariedade".

Xa falábamos no noso Boletín de dous casos concretos: o primeiro o das opos de Turismo de 2001 que máis de 14 anos despois houberon de repetir o úlitmo exercicio, e aínda así a cousa non acabou aí que o Tribunal Supremo admitiu a trámite a demanda por "execución incorrecta", co cal aínda podemos ver outro exame máis. O segundo refírese ás oposicións de A1 de libre do 2010 no que o Tribunal Supremo eménalle tamén a plana ao TSXG e dille que si procede proba pericial tendo en conta como se desenvolveu o proceso.

Tamén están sendo interesantes neste proceso do A1 (tanto en consolidación como en libre) as diferentes sentenzas que se están a dar a coñecer estes días e que falan como dicíamos de "falta de limpeza" e "arbitrariedade" neses dous procesos.

A cuestión é suficientemente grave como para formularse un cambio de modelo, apostar por un sistema máis garantista dos principios de igualdade, mérito e capacidade, desde unha óptica de obxectividade. Nos procesos selectivos falamos de postos públicos, cartos públicos, polo que hai que extremar a vixilancia e control. Porén a Adminstración autonómica non quere para nada elementos externos, quere elexir a dedo aos tribunais (nada de sorteo como en Educación por exemplo).

Outros elementos que redundan en discrecionalidades (que poden acabar en arbitrariedade) son: a falta de nota de corte previa á realización do exame, a proliferación de exames que non son de tipo test, a falta de plantilla dos que non son tipo test, a falta de constancia nos temarios e a falta duns temarios oficiais vinculantes para os tribunais.

Decían algúns dos afectados por estes procesos que ata que non metan a algún responsable político destes desaguisados no caldeiro, non van parar. A pregunta fundamental é: quere este Goberno apostar pola redución da arbitrariedade e falta de limpeza nos procesos selectivos da Administración autonómica ou vaille deixar a pataca quente ao seguinte?

Referencias na prensa:

Ningún comentario:

Publicar un comentario