Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 15 de abril de 2016

Máis sentenzas favorables ao persoal funcionario de cobrar a paga extra de 2013

Máis sentenzas favorables respecto das pagas extras de 2013, unha sentenzas favorable máis a cobrar os complementos específicos nas pagas extras de 2013. Desta volta trátase dunha sentenza que afecta ao persoal funcionario docente pero a novidade radica en que é a primeira sentenza deste tipo na sala Nº1 do Constencioso-Administrativo de Compostela. Esta sala está máis saturada que a Nº2.

A dita sentenza estima o recurso contencioso-administrativo presentado en impugnación do silencio fronte á reclamación de cantidades debidas do ano 2013 polas contías adicionais do Complemento específico; declara a non conformidade a dereito do acto administrativo obxecto de recurso, que se anula; e declára o dereito da recorrente a que lle aboen a cantidade correspondente ao complemento específico anual do ano de 2013, non satisfeito nas nóminas nas que se remuneran as pagas extraordinarias de xuño e decembro, na cantidade que corresponda, xunto cos correspondentes xuros; con imposición das custas á demandada, cun máximo de 400 euros.

Tamén coñecíamos recentemente dunha  novas sentenza no Tribunal Supremo para o persoal laboral, neste caso do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Recentemente tamén houbera outra sentenza do alto tribunal para o persoal laboral que no 2013 traballaba na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza. Porén, son varios os conflitos colectivos de varias entidades instrumentais pero sobre todo, polo número de persoal afectado, o que máis destaca é o do persoal laboral da Administración xeral da Xunta de Galiza, que entendemos que o TS acabará fallando no mesmo sentido.

No ano 2013, o goberno de Feijoo decidiu recortar o complemento específico (ou concepto equivalente para o persoal laboral) nas dúas pagas extras de todo o seu persoal pasando a ser Galiza unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional. Con esto quítannos uns 200 millóns de euros ao ano. Porén, pasouse de frenada que chegou a recortar con carácter retroactivo cando a lei de Orzmanetos entrou en vigor o 1 de marzo. Por esta estafa, débennos 33 millóns de euros, que de momento non queren devolver de motu propio.

Ademais desto, para o persoal funcionario, ante o abuso da Administración do silencio, neste caso ao ser positivo (por moito que a Administración insista en que é negativo), estase a recuperar a totalidade dos dous complementos substraídos.

Seguiremos nos xulgados mentres non cese a Xunta no seu comportamento ilegal.

Recurso de casación positivo no TSXG

Esta sentenza coincide tamén con outra labazada do TSXG desta volta tamén polo persoal funcionario. O TSXG vén de ditar unha sentenza na que se confirma que a Xunta recortou ilegalmente unha parte da paga extra do ano 2013. O alto tribunal galego resolve deste xeito en reposta a un recurso de casación en interese de lei presentado pola Xunta contra unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo. Máis información.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario