Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 19 de marzo de 2018

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

¿QUE É O RADÓN?

O radón é un gas radioactivo que procede da descomposición do uranio presente na corteza terrestre. A presencia deste gas no exterior dos edificios é baixa pero éste acumúlase dentro dos espacios interiores como as vivendas e os sotos. Cando inhalamos o radón este afecta principalmente ao sistema respiratorio maiormente aos pulmóns, así a Organización Mundial da Saúde recoñece ao radón  dende 1988 como axente cancerixeno e recomendou uns niveis máximos de exposición.


LEXISLACIÓN 

Existe abundante lexislación de obrigado cumprimento no ámbito laboral como son o RD 783/2001 ou o RD 1439/2010 amáis de moitas recomendacións do Consello de Seguridade Nuclear; pero principalmente destaca a Directiva Europea 2013/59/EURATOM que indica que deben facerse medicións para identificar os lugares de risco, que son aqueles que superen os 300 Bequerelios (Bq). Esta directiva debe trasporse aos estados membros en febreiro do 2018 e a Xunta de Galiza segue a ignoralo.

¿PORQUÉ EN GALIZA? 

Galicia é fruto da oroxenia herciniana que fixo aflorar grandes cantidades de granito á corteza terrestre. O granito é un gran conductor do radón, polo que contamos en xeral cun risco alto de emanacións; con concentracións moi altas en toda a costa, Baixo Miño, Compostela, centro de Lugo  e Ourense oriental. 

MEDICIÓN 

A medición do radón é un proceso sinxelo, que se fai a través de medicións  dinámicas en 3-4 días ou medicións estables nun periodo de 3 meses. En Galicia contamos cuns dos centros mundiais mais afamados na medición do radón, como é o Laboratorio de Radón da Universidade de Compostela. 

¿QUÉ FACER EN CASO DE SUPERAR OS 300 BQ?

A administración deberá tomar medidas inmediatas como son trasladar o persoal hacia zonas máis seguras, aillar o chan para diminuir as emisións ou mesmo dotar ás zonas de traballo dunha ventilación automática que renove o aire con suficiencia. 


ZONAS SOSPEITOSAS EN COMPOSTELA 

En xeral todas as zonas que traballen por debaixo no nivel de chan e mesmo as situadas en edificios de pedra son sospeitosas de contar con niveis altos de radón. En concreto os sotos dos edificios de Educación, Presidencia e Cultura, todas os acristalados de Política Social (toupeiras), o edificio de Emigración en Mazarelos, a actual sede de Medio Ambiente en San Lázaro etc...

Dende a CIG en Servizos centrais xa levamos tempo denunciando este tema: servizo de prevención, vicesecretaría xeral da vicepresidencia, Inspeción de Traballo, medios de comunicación... pero parece ser que o tema non preocupa o suficiente aos nosos xestores. Seguiremos reclamando o que nos recoñece a lexislación europea para os nosos centros de traballo:  QUEREMOS MEDICIÓNS XA!!!! O tema é moi serio e por iso seguiremos pelexando.

GALIZA (resumen por provincias
PROVINCIA
Nº med.
GM
GSD
IC95%GM
%> 200Bq /m3
%> 300Bq /m3
A Coruña
1565
88,90
2,48
85,00
92,99
19,6
9,0
Pontevedra
921
122,97
2,41
116,18
130,16
28,6
14,8
Lugo
443
67,91
2,72
61,87
74,54
14,7
7,7
Ourense
482
136,08
2,42
125,77
147,24
33,2
21,2
Galiza
3411
99,52
2,55
96,44
102,69
23,3
12,1


Ningún comentario:

Publicar un comentario