Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 1 de marzo de 2018

Resumo da Comisión de Persoal do 28/02/2018: convocatorias de procesos selectivos e os idus de marzo


O 28 de febreiro tivo lugar unha longa comisión de persoal onde quedaron aprobadas diferentes convocatorias de procesos selectivos pendentes. Para a súa aprobación non é preciso os votos das organizacións sindicais xa que a Administración ten maioría absoluta no dito órgano, máis achegamos o sentido do voto con carácter informativo. 

Tamén se abordaron moitos temas no apartado de varios: outros procesos selectivos, concursos, plan de estabilidade... que se "en marzo", que "en breve", que se "estamos traballando niso", "a ver si", "estudarán", "mirarán"... e a leria de sempre da que xa coñecemos o resultado final de durmir os asuntos. Por certo, a publicación no DOG de todas estas convocatorias será tamén en marzo; desta volta, crémoslle pois se cumpre a data límite para que non caduquen algún dos procesos por facer xa 3 anos desde a publicación da oferta de emprego público correspondente; lamentábel.


RPT AGADIC
  • Non ás amortizacións.
  • CIG, CCOO: en contra. CSIF, UGT: abstención.
OPOSICIÓNS A1-XERAL-LIBRE, OEP-2017
  • Advertir erro redación do 3º exercicio, pois fala de Anexo I cando é Anexo II.
  • Cambios positivos, agás tempo para o 2º exercicio.
  • Non é concurso-oposición.
  • CIG, UGT: en contra. CCOO: abstención. CSIF: a favor.
OPOSICIÓNS A1-XERAL-PI, OEP-2017
  • Advertir erro en puntuación de traballo desenvolvido.
  • Non nos gusta o 3º exercicio, tema.
  • Non conformes coa puntuación das probas (20-20-20)
  • CIG, UGT: en contra. CCOO, CSIF: a favor.
OPOSICIÓNS A2-XERAL-LIBRE, OEP-2017
  • Advertir erro redacción do 3º exercicio, pois fala de Anexo I cando é Anexo II.
  • Non é concurso-oposición.
  • CIG, UGT: en contra. CCOO: abstención. CSIF: a favor.
OPOSICIÓNS A2-XERAL-PI, OEP-2017
  • Advertir erro en puntuación de traballo desenvolvido.
  • CIG, CCOO, CSIF: a favor. UGT: en contra.
OPOSICIÓNS C1-XERAL-PI,OEP-2017
  • CIG, CCOO, CSIF: a favor. UGT: en contra.
OPOSICIÓNS C2-XERAL-PI, OEP-2017
  • CIG, CCOO, CSIF: a favor. UGT: en contra.
OPOSICIÓNS C2-XERAL-LIBRE, OEP-2017
  • Non é concurso-oposición.
  • Temario: A redacción do tema da Lei de contratos é mellorable. Proposta: Título Preliminar, Libro Primeiro, Libro segundo: Título I, capítulo I.
  • CIG, UGT: en contra. CCOO: abstención. CSIF: a favor.
OPOSICIÓNS A1-INFORMÁTICA-PI, OEP-2016
  • Non nos gusta o 4º exercicio, tema.
  • Non conformes coa puntuación das probas (20-20-20)
  • CIG, UGT: en contra. CCOO: abstención. CSIF: a favor.
OPOSICIÓNS A2-INFORMÁTICA-PI, OEP-2016
  • CIG, CSIF: a favor. CCOO: abstención. UGT: en contra.
MODIFICACIÓN OPOSICIÓNS CAMAREIRO-LIMPADOR-LIBRE, OEP-2016
  • Na CP orixinal (22/12/2017), votamos en contra.
  • Este cambio non aporta case nada.
  • CIG: en contra. CCOO, CSIF, UGT: a favor.
OPOSICIÓNS A1-FINANZAS-LIBRE, OEP-2015
  • Non é concurso-oposición.
  • Demasiadas probas (5 + galego), das que só 2 son test.
  • Non a exame oral.
  • CIG, CCOO, UGT: en contra. CSIF: a favor.
OPOSICIÓNS A2-FINANZAS, OEP-2015
  • PI non é do 50%, nin é separada.
  • Non é concurso-oposición.
  • A proba que menos puntúa é un test.
  • Hai 4 probas, dúas delas escritas. Non suprimen a 4ª (tema).
  • CIG, CCOO, UGT: en contra. CSIF: a favor.
RPT AXI
  • Informa o DXFP que nesta RPT vai unha proposta de modificación urxente, e que a revisión das áreas funcionais virá nunha posterior RPT.
  • CIG: abstención. CCOO, CSIF, UGT: a favor.

VARIOS

OEP 2018. Promoción interna cruzada [Informa o DXFP]: estudarán permitir a promoción cruzada entre corpos xerais e escalas (recíprocamente), a participación na promoción interna do persoal laboral que realice tarefas de persoal funcionario (aínda que non estean catalogados nun posto de persoal funcionario na RPT) e a acumulación das prazas non cubertas de discapacitados.

Procesos selectivos enxeñeiros industriais e enx.tec.industriais OEP-2014 [CIG]: convocatoria en maio 2016, lista definitiva admitidos/excluidos 27/01/2017, ainda sen constituír o tribunal. -> Resposta o DXFP que o retraso foi debido a que tiveron dificultades para constituir o tribunal pero que contan con telo solucionado en marzo.

Plan de redución da temporalidade e funcionarización: [CIG] Cando van negociar con todos os sindicatos?  Cal é a previsión que teñen de tempos? -> DXFP: Ao longo do mes de marzo remitirán a todas as OOSS os buzón de postos para alegacións. Teñen previsto iniciar tamén a negociación da OEP 2018. Di que é un proceso complexo e que os prazos serán obxecto da propia negociación. Na OEP de 2018 irán prazas do plan de estabilidade. Di que en Madrid están negociando unha ampliación do acordo de estabilidade ao ano 2020 no que se ampliarán tamén os postos e que ese novo acordo condicionará o acordo asinado en Galiza.

Previsión de negociación de criterios xerais de concursos. Previsión de concursos. [CIG] -> DXFP: Ao longo do mes de marzo retomarán as negociacións dos criterios xerais. Para efectivizar os concursos pendentes necesitan ter todas as RPTs aprobadas (di que faltan dúas ou tres, contan con que queden aprobadas entre marzo e abril). O cronograma será obxecto da propia negociación.

Previsión de concurso de traslados de axentes medioambientais.[CIG] -> DXFP: Di que este acordo está condicionado pola aprobación pendente da RPT de Medio Rural, que agardan que se inicie a negociación en breve plazo.

Acordo de axentes medioambientais: [CIG] O DXFP dixera que o 01/12/2017 estaría pechado e xa estamos en marzo. -> DXFP: Recoñece a demora e escúsase en que dende o 19 de xaneiro están enredados na negociación do conflito de Xustiza. Agardan retomalo o antes posible.

Derrogación Lei 1/2012 (lei de medidas): [CIG] xa que a economía vai ben, teñen previsto impulsar a súa derrogación? -> DXFP di que é pouco o que queda desas medidas (sic), comprométese a consultar con Facenda e estudar a posíbel derrogación con efectos de 2019.

Contratación de orientadores/as de emprego para o plan de garantía xuvenil.[CIG] -> DXFP: non sabe, mirarano.

Kronos en Cultura: [CIG] -> Cultura: están pendentes da RPT polo tema dos horarios. Contan con iniciar unha negociación cos sindicatos. 

RPT de Consorcio: -> DXFP: non teñen datas, están traballando nela.

Convocatorias oposicións profesores/as escolas nautico-pesqueiras: -> DXFP: están traballando niso, en vindeiras semanas teremos a proposta de programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario