Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 23 de marzo de 2018

As chapuzas de Función Pública obrigan a ampriar o prazo para o primeiro exame de veterinarios

A Consellaría de Facenda publicou no DOG do 23/03/18 unha orde para ampliar o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, en vinte días hábiles.

A Xunta de Galiza fai referencia a que "Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo". Esas cuestións non son outras que o non axustarse á normativa no nomeamento do anterior tribunal cualificador e que tivo que ser recorrido pola CIG para evitar que todo o proceso selectivo puidera quedar viciado dende o principio polas chapuzas deste goberno trapalleiro.

A cousa é dunha chapuza tal que Función Pública xa anunciara a data probábel de exame o pasado venres fixándoa para o día 20 de maio, unha semana antes de que se publicara esta ampliación de prazo que agora fai. Isto é, a Xunta previu facer o exame un día que superaba o prazo establecido nas bases de convocatoria e, agora, fai a ampriación de prazo para que ese día cumpra os prazos establecidos pero unha semana despois de que se anunciara.

Agardemos que os continuos parches, chapuzas e remendos que acumula un proceso selectivo que aínda non realizou ningunha proba non remate como outros procesos selectivos da mesma escala no pasado. Fartámonos de avisalo e xa levan varias cafradas. A ver como continúa todo este culebrón...

Ningún comentario:

Publicar un comentario