Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 6 de marzo de 2018

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais apoia a folga de mulleres do 8 de marzo e fai un chamamento a secundala

Previamente a Xunta de Persoal dos Servizos Periféricos da Coruña fixo tamén un chamamento similar.


A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza reunida en Comisión Permanente o 5 de marzo (coa ausencia do CSIF) acordou manifestar o seu apoio á folga de mulleres que foi convocada dentro dunha xornada de paro internacional en máis de 50 países para o 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller Traballadora.

Existen motivos de sobra para parar o 8 de marzo:

  • Reivindicar o papel fundamental das mulleres no mundo familiar e no laboral e demostrar que o rol das mulleres na sociedade non é subsidiario.
  • Denunciar a feminización que se está producindo no paro en Galiza, con máis de 107.000 mulleres anotadas nas listas como demandantes de emprego.
  • Aumenta a brecha salarial en contra das mulleres e descende o salario medio destas.
  • A asunción polas mulleres de todos os coidados familiares, cunha dupla xornada laboral e no fogar, que limita o seu desenvolvemento laboral e diminúe os seus dereitos e prestacións sociais.
  • Hai que parar co acoso e a violencia contra as mulleres, na rúa, no traballo e na casa. Porque continúan as agresións, violacións e asasinatos polo único feito de ser muller.
Estas son só unhas poucas razóns, entre as moitas que poderíamos recoller e que todas e todos coñecedes, polas que desde a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais facemos un chamamento a todas as traballadoras e traballadores a participar nos actos convocadas o día 8 de marzo; participando na folga e nas mobilizacións convocadas todas as mulleres e colaborando e participando tamén nas mobilizacións todos os homes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario