Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 23 de marzo de 2018

A Xunta ampría o prazo de presentación de solicitudes de diversos procesos selectivos

A Xunta de Galiza modifica a data de presentación de solitudes de varios procesos selectivos a través da orde de ampliación de prazos publicada no DOG do 23/03/18.

Así pois, os prazos dos procesos selectivos convocados a principios deste mes abranguerán até o 6 ou 9 de abril, en función da convocatoria, e quedan do seguinte xeito:


  • Para os procesos selectivos publicados en data 7 de marzo de 2018, o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 8 de marzo até o día 6 de abril de 2018, ambos incluídos. Os procesos selectivos afectados son: 
    • corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; 
    • corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2; 
    • corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; 
    • corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos
    • corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas
    • corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística;
    • corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información;
    • corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica;
    • corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica agrícola;
    • categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

  • Para os procesos selectivos publicados en data 8 de marzo de 2018, o prazo de presentación de solicitudes de participación abranguerá desde o día 9 de marzo até o día 9 de abril de 2018, ambos incluídos. Os procesos selectivos afectados son: 
    • corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas;
    • corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas;
    • corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna;
    • corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna;
    • corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna;
    • corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola quenda de promoción interna;
    • corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola quenda de promoción interna;
    • corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, pola quenda de promoción interna.

Contra a ampriación destes prazos pódese interpoñer un recurso potestativo de reposición ou acudir directamente ao xulgado do contencioso administrativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario