Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 2 de marzo de 2018

RPTs: a cara de formigón armado do director da Función Pública

Que este director xeral ten a cara de formigón armado sabeno ben as compañeiras e compañeiros de Xustiza que lles foi dicir que se querían cobran o que cobraban noutras comunidaes autónomas que concursarán para elas... semella que ao PP o único agravio salarial que lles conmove é o da Policía e a Garda Civil pero o resto de persoal funcionario impórtalle un pemento.

Seica o director xeral de Función Pública volveu amosar o seu talante nun informe que lle remitiu á Valedora do Pobo dicindo que todas as RPTs que saen da súa cociña que están fetén que para eso están os sindicatos. Literalmente: "na instrucción dun expediente de RPT interveñen moitos departamentos e órganos, dos que forman parte tamén os representantes sindicais, que valoran e garanten ademáis da legalidade procedimental, o correcto proceder das propostas realizadas"

A historia comeza cando un funcionario dirixe unha queixa á Valedora do Pobo (que polo que vemos non vale de moito pois traga con todo o que lle diga a Administración) por unha modificación de RPT que lle afectaba. O funcionario quedou abraiado coa resposta da Valedora que daba por bo o informe da Función Pública onde respondía o que transcribimos antes literalmente. O funcionario dirixiuse á súa Xunta de Persoal dos Servizos Centrais e esta acordou por unanimidade dirixir un escrito de queixa ante a Valedora e ante o director da Función Pública así como difundir entre o persoal funcionario cal é realidade da función dos sindicatos representativos nas RPTs.

Ante esto e como órgano de representación do persoal funcionario, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais rexeita rotundamente o afirmado no dito informe pois, como o director de Función Pública ben sabe:

- As organizacións sindicais non teñen voto suficiente para aprobar ou rexeitar unha RPT, pois as persoas representantes da Administración se arroga a maioría absoluta na Comisión de Persoal.

- As organizacións sindicais non son responsables da proposta de RPT, que emana únicamente da Adminsitración que só abre a man a recoller alegacións, que son ou non aprobadas segundo o  único criterio da Administración.

- En concreto, a RPT en cuestión foi aprobada co voto en contra de todas organizacións sindicais, co que facer aos representantes do persoal público co-participes dunha desfeita administrativa, reclamada por este traballador, non ten soporte algún.

-A maiores, aínda que obvio, vemos preciso recordar que as RPTs se aproban por Resolución en aplicación dun Acordo do Consello da Xunta, onde as organizacións sindicais non teñen voz nen voto.

Así pois, non hai negociación colectiva real nas RPTs, senón unha simple consulta preceptiva non vinculante. E o que debera ser garante de legalidade é a consulta aos servizos xurídicos da Xunta, que esta si debera ser vinculante.

Para o director xeral da Función Pública, agradeceriamos que en procedementos semellantes non involucrara ás organizacións sindicais na decisión administrativa final e asuma en exclusiva a responsabilidade dos feitos. Para a Valedora do Pobo, non teríamos problema en concertar unha cita con vostede para explicarlle polo miudo como se elabora e "negocia" unha RPT para que non volte a dar por válidas informacións carentes de veracidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario