Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 5 de marzo de 2018

Reunión do Comité Intercentros coa Consellaría de Politica Social

O día 28 de febreiro e logo de varias solicitudes, representantes do Comité Intercentros mantiveron unha xuntanza coa Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Política Social na que se lle expuxeron as seguintes cuestións: carteleiras de traballo, problemas nos centros con traballadores/as non aptos, discriminación persoal a quendas, descanso domingos e festivos, conciliación familiar,  descontos por IT, entre outras.



1. Carteleiras de traballo abusivas: orixinadas pola aplicación da Lei de Medidas prorrogada dende o ano 2012 nas distintas Leis de Acompañamento aos Orzamentos. Cuestións como a falta de dereito a dous días de descanso semanal, compensacións por domingos traballados que orixinan 24 días máis de traballo ao ano, as circunstancias dos centros que non son as mesmas dende o ano 2012, xa que, o inevitable paso do tempo agrava o deterioro dos usuarios e unido a NON COBERTURA DO 100% das prazas, baixas laborais, vacacións e licencias orixina unha sobrecarga de traballo física e mental nas traballadoras/es que fan que esta Consellería sexa a que ten un índice de siniestrabilidade e accidentes laborais máis elevada da Xunta de Galicia.

2. Problemas nos centros por traballadores/as declarados aptos con restricións ou non aptos: fan insostible a realización das tarefas diarias naqueles centros onde se atopan compañeiros/as nesta situación. A solución pasaría pola recuperación das adscricións por causas de saúde e/ou un incremento de plantilla axeitado ás necesidades reais dos centros alí onde fose preciso.

3. Discriminacións do persoal a quendas: o persoal de oficina terá 7 días de asuntos persoais ou un festivo autonómico recuperable (17 de maio) en 2018 así como desfrute de horario de verán ou permisos especiais como o de carnavais, dereitos non concedidos ao persoal a quendas, xa que, a Consellería tan so lles recoñece 6 días de asuntos persoais. Requirimos da Consellería unha negociación real co fin de establecer un trato igualitario dos/as empregados/as públicos/as.

4. Esiximos o descanso en domingos alternos e aumentos de presenza en quendas de festivos.

5. Estanse desestimando moitas solicitudes de concrecións horarias por conciliación, sabendo que AS ditas solicitudes na maioría dos casos veñen derivadas da falta de tempo de descanso.

6. O feito de non poder cobrar o 100% nas situacións de IT por enfermidade común orixina que moitos traballadores/as vaian a traballar enfermos, por non dicir a exposición dos traballadores/as a cadros patolóxicos contaxiosos dos usuarios e que non son considerados como accidente laboral. Tampouco teñen en consideración o repouso domiciliario con informe médico sendo a de Política Social a única Consellería da Xunta onde se está esixindo a baixa médica a partir das 24 horas de enfermidade.

7. Esiximos a recuperación do dereito a comedor naqueles centros onde sexa factible. ¿Cantos cartos aforraron con esta medida?

8. Preguntamos pola situación do EVO sobre o convenio de colaboración co SERGAS, cales son os datos reais dos expedientes rexeitados.

9. Solicitamos que se definan as “X” das carteleiras de traballo, dándolles o valor de día non hábil a tódolos efectos, e que o reparto de festivos e quendas das carteleiras sexa equilibrado.

E ANTE TODA ESTA PROBLEMÁTICA COMO VEN A SITUACIÓN DENDE SECRETARÍA XERAL TÉCNICA?

Unha famosa película dicía si tomas a pastilla azul fin da historia estarás no país das marabillas e crerás o que queiras crerte, si tomas a vermella saberás ata onde chega o burato.

Pois ben o secretario xeral está claro que tomou a pastilla azul, xa que, vive no pais das marabillas, para el hai un antes e un despois dende o ano 2016, data na que tomou posesión do cargo, cando acude os centros, directores, traballadores e traballadoras trasládanlle a grande mellora que houbo dende esta data “facéndolle a ola”, di que se cobren absolutamente tódalas prazas e incidencias do persoal (iso si as que chegan a Secretaría Xeral Técnica) e nun alarde de xenerosidade e bo facer tan so puido comprometerse a estudar a devolución do dereito a comedor.

Dende o Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia seguiremos insistindo en que dende a Consellería de Política Social se tomen a “pastilla vermella” e descubran e vexan ata onde chega o burato, poñendo dunha vez por todas as medidas necesarias que arranxen toda a problemática que temos as traballadoras e traballadores desta Consellería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario