Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 1 de marzo de 2018

A gran mentira dun plan de estabilización inexistente

Os sindicatos do goberno (CSIF, UGT e CC.OO) volven a vender ás empregadas e empregados públicos, desta volta prometendo un plan de estabilización que nin é plan nin é nada. A CIG NON ESTÁ disposta a participar neste xogo que segue a destruír emprego fixo e non garante os dereitos do persoal que levamos anos traballando de forma precaria.
DENDE A CIG NON ASINAMOS O MAL CHAMADO “ACORDO DE ESTABILIDADE”

1º.- Non recupera a reposición de efectivos ao 100% nin a posibilidade de creación de emprego que foi destruído neste anos, e dicir, non se recuperan as prazas amortizadas.

2º.- Non inclúe a recuperación do poder adquisitivo, a derrogación da Lei de medidas e o dereito ao descanso coa compensación por traballar os domingos e festivos.

3º.- Non se aborda o proceso de funcionarización, nin como se vai a levar a cabo, nin cando.

4º.- Non OFERTAN O 100 % DAS PRAZAS VACANTES. Polo tanto a oferta de emprego é misérrima e ridícula. Xa non falamos de recuperar os niveis de emprego anteriores aos recortes, é que nin sequera se vai solucionar o problema da alta temporalidade.

5º.- No colmo da desfachatez, ELIMINAN A PROMOCIÓN INTERNA, e os pseudosindicatos aplauden, QUE VERGOÑA.

DENDE A CIG INVITAMOS A CSIF, UGT e CC.OO A QUE APOSTEN POR UNHA UNIDADE SINDICAL QUE NOS LEVE A RECUPERAR OS DEREITOS ROUBADOS, E NEGOCIAR UN ACORDO ONDE SE DE SOLUCIÓN A TODAS AS EIVAS QUE EXISTEN NA FUNCIÓN PÚBLICA GALEGA POR CULPA DAS POLÍTICAS DO PARTIDO POPULAR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario