O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou con data 02/07/2026, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galiza para o próximo ano 2027.
A normativa estatal, fixada polo Real decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles, a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (25 de marzo), 1 de maio, 15 de agosto (este ano coincide en domingo e a Xunta de Galiza cámbiao polo 19 de marzo, San Xosé), 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.
Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas. Dous deles son o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo, e o Xoves Santo (26 de marzo), que Galiza non troca tradicionalmente. Así mesmo, dáselles a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galiza, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo (este ano coincide en domingo e a Xunta de Galiza cámbiao polo 17 de maio, Día das letras Galegas).
Pola súa banda, o Concello de Santiago de Compostela aprobou como festivos locais para 2027 a Ascensión e o San Roque, como é tradicional en Compostela. A Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración publicou a totalidade de festivos locais para o ano 2027, En data de hoxe non esta publicada no DOG a citada Resolución .