venres, 28 de outubro de 2022

EXIXIMOS A FUNCIÓN PÚBLICA CONCURSO ABERTO E PERMANENTE XA!


Dende CIG-Servizos Centrais decimos que os concursos de traslados na Xunta de Galicia son eternos, de feito en algunhas escalas só se fixo un dende que existe a Xunta de Galicia, e non falemos do concurso específico que inda nunca se convocou, e vai por o camiño de quedar nun proxecto máis das ideas da Función Pública Galega, como o da carreira administrativa horizontal.

Se falamos do concurso da administración xeral este convocase, pero con nivel de incumprimento de prazos, que nadie o entende. Cando era manual en menos de dous anos estaba convocado e resolviase en menos de un ano, e dende vai uns dez anos cando esta informatizado, convocarosen e resolveronse dous, en uns prazos medios de cinco anos por concurso, facilitando o funcionario todolos datos para a súa resolución, e pensamos que as convocatorias van a ir a peor.

Lonxe queda, pois fai mais de cinco anos, cando o director Xeral da Función Pública, e o mesmo director que esta hoxe na Función Pública Galega, prometeunos que se convocaría un concurso anual ou semestral ata que se puxera en marcha o concurso aberto permanente, dixonos aos representantes dos traballadores, que xa estaba licitado e que AMTEGA se estaba encargando da parte técnica. Seríamos unha administración pioneira nisto, en eses tempos, ahora xa non, adiantaronos outras administracións que teñen instaurado o concurso aberto e permanente como por exemplo https://www.elperiodicodearagon.com/aragon/2022/10/13/dga-plazas-funcionarios-concurso-meritos-empleo-publico-77200503.html .

xoves, 27 de outubro de 2022

Bases de procesos selectivos lei 20/21

 

Os criterios de bases para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 van ir á Comisión de Persoal xunto coa carreira profesional o venres 28 de outubro, despois de pasar primeiro por Mesa Xeral de Empregados Públicos, tras a solicitude da CIG para intentar aportarlle melloras.

O último borrador de criterios de bases xerais para as convocatorias de estabilización trae, de novo, cambios sen explicación. E xa van 6 borradores diferentes con vai e ven en puntuación nos méritos, engádegas e incluso volta atrás en cuestións xa acordadas. Ante esta situación na CIG esiximos que se trate previamente na Mesa Xeral de Empregados Públicos para intentar mudar a posición da Función Pública naquelas cuestións que son lesivas para o persoal.

Criterios para as bases de estabilización

En resumo a día de hoxe o que hai no borrador de Función Pública para a Comisión de Persoal:

mércores, 26 de outubro de 2022

A CIG mobilizase contra uns Orzamentos da Xunta que non garanten nin recuperación de dereitos nin de salarios

 

Delegados e delegadas concentráronse diante do edificio de San Caetano para exixir melloras

Delegados de delegadas da CIG concentrámonos na mañá do xoves 20 de outubro diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano para manifestar o seu rexeitamento a unha Lei de Orzamentos que non garante ningún tipo de medida para compensar nos seus salarios o desmesurado incremento do IPC (que na Galiza é superior ao do Estado), nin a recuperación de dereitos laborais.

Denunciamos que nos orzamentos para 2023 a Xunta de Galiza fixo un “copia e pega” do “pacto a perdas” negociado ás agachadas e asinado na Mesa das Administracións Públicas do Estado por CCOO e UGT, e que supón unha perda de poder adquisitivo nos vindeiros anos, a sumar ao que xa leva perdido o persoal.

A perda de poder adquisitivo que teñen as e os empregados públicos na Galiza, cando aquí a carestía da vida é maior porque o IPC interanual está xa no 9,2%. 

Nin sequera establecen a xornada das 35 horas, a pesar de estar no pacto estatal.

Na Lei de orzamentos para o 2023 a Xunta manterá suspendida a aplicación de todos os pactos e acordos retributivos e todos os dereitos recortados pola Lei de Medidas 1/2012 cando xa é hora de recuperalos, como é o caso do artigo 19 de V Convenio Colectivo, a suspensión de determinados artigos do Acordo de condicións do SPIF (nos que se regulan os descansos, as compensacións por noites ou domingos e festivos) ou os días de libre disposición, entre outros.

Xunto a iso denunciamos que se “hipoteque”, por moitos anos, a mobilidade do persoal da administración pública galega mediante a apertura de postos ao persoal doutras administracións públicas para a cobertura de prazas mediante comisións de servizos que durarán dous anos prorrogables de xeito indefinido ou que se manteña bloqueada a recuperación do Fondo de Acción Social, na contía e nas modalidades que existían até os recortes aplicadas polo PP.

mércores, 19 de outubro de 2022

A CIG concentrarase este xoves 20 en San Caetano contra a Lei de Orzamentos 2023

 A CIG convoca unha  concentración  para  este  xoves,  día 20  de  outubro, ás 11:00 horas, diante da entrada principal do edifico administrativo da Xunta, en San Caetano, contra unha Lei de Orzamentos de Galiza para 2023, que non garante nin suba salarial, nin recuperación de dereitos laborais.

A CIG-Administración denuncia que nos orzamentos para 2023 a Xunta de Galiza fixo un “copia e pega” do “pacto a perdas” negociado ás agachadas e asinado na Mesa das Administracións Públicas do Estado por CCOO e UGT, que supón unha perda de poder adquisitivo nos vindeiros anos, a sumar ao que xa leva perdido o persoal.

Denuncia ademais que non contempla ningún complemento, a maiores, que compense a maior perda de poder adquisitivo que teñen as e os empregados públicos na Galiza, cando aquí a carestía da vida é maior porque o IPC interanual está xa no 9,2%.

Salarios e reforma LEPG (Mesa Xeral 17/10/22)

 A Xunta presenta na Mesa Xeral (17/10/22) a súa proposta de salarios pola que o persoal empregado público perderá arredor dun 10% do seu poder adquisitivo nos próximos tres anos. A proposta é un “copia e pega” do “pacto a perdas” negociado ás agachadas e asinado na Mesa das AAPP do Estado por CCOO e UGT.

Con isto o salario vai subir un 3,5% (ao 2% de suba no 2022 se lle engade un 1,5% adicional con efectos retroactivos) un 2,5 % no 2023 e un 2% no 2024. Algo completamente insuficiente para paliar a perda de poder adquisitivo neste e nos vindeiros anos, tendo en conta que no 2022 no mes de outubro o IPC interanual na Galiza está no 9,2%.

A maiores este pacto de perdas contempla unhas subas adicionais se se cumpren determinadas condicións que en principio parecen que non se van cumprir, tal e como sucedeu co anterior acordo para os anos 2018- 2020.

A Xunta, sen intención de negociar nin salarios nin dereitos

martes, 18 de outubro de 2022

Comisión de Persoal 10/10/22: Apróbase o Anteproxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade

 

O Anteproxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autonoma da Galiza pasou pola Mesa Xeral o 10 de outubro e apróbase na Comisión de Persoal do día 11 co voto favorable de CCOO, UGT e CSIF e en contra da CIG.

Esta norma reproduce a Lei 20/2021 de temporalidade coas súas discriminacións sen dar unha solución a moitas das eivas que se derivan da lei estatal. Cabe lembrar que a Administración Xeral da Xunta é a campioa da temporalidade, superando o 30% de media de persoal temporal e interino.

Fixemos un esforzo ata o derradeiro minuto para mellorar o texto pero esta lei aínda non responde as expectativas do persoal. E como isto non remata aquí, imos poñernos en contacto cos grupos parlamentares para que recollan as nosas emendas e as defendan na tramitación parlamentar da lei. Función Pública segue tratando de xeito vago moitas cuestións que deberían ser definidas nesta lei, e a maiores crea novas escalas e especialidades e modifica de xeito significativo funcións e requisitos para escalas xa creadas sen telas negociado previamente.

Destacamos:

  • Limita a fase de concurso do concurso oposición a 30% experiencia-10% outros méritos.

martes, 11 de outubro de 2022

Reiniciase a carreira profesional paralizada pola Xunta


Despois das nosas sentenzas favorables ao recoñecemento do dereito para todo o persoal a Xunta e os sindicatos asinantes poñen en marcha, despois de tela paralizado durante case dous ano, a carreira profesional.

Os novos acordos de carreira, se ben teñen melloras gañadas pola CIG nos tribunais seguen a ter fundamentalmente 3 eivas:

1) Non recoñecen o carácter retroactivo do grao I para o persoal interino e temporal.

martes, 4 de outubro de 2022

A Xunta, CCOO e UGT queren borrar do mapa a carreira profesional e invéntanse unha nova

Igual que bloquearon a posta en marcha do grao II hai dous anos

Despois de termos unha xuntanza sobre os novos borradores de carreira profesional (cos eufemismos de chamarlle “carreira administrativa” para o persoal funcionario e “complemento de desempeño do posto” para o persoal laboral) todos se congratulan de que se pon en marcha unha carreira e que é universal. Recoñecen entón que a outra non o era?

O que pretenden con este novo modelo de carreira é AFORRARLLE Á XUNTA TER QUE PAGAR entre 1 e 3 anos ás persoas empregadas públicas, en concreto:

• 1 ano do grao II ás persoas funcionarias de carreira dos subgrupos C1, C2, AP e laborais fixos dos grupos  III, IV e V.
• 3 anos do grao I ás persoas funcionarias interinas e laborais temporais de todos os subgrupos.

Para tratar de disfrazar o seu recorte de dereitos e que perderon todas as sentenzas tratan de contarnos trolas para xustificar o ben que o fixeron, “parón xudicial”, “anulación”, ou ben confesar sen pudor na exposición de motivos do novo acordo que se confundiron, que o que acordaron non era o desenvolvemento da carreira profesional recollida no EBEP e na LEPG, senón unha “carreira administrativa”.

Por que non cobramos o grao II da carreira?