martes, 20 de maio de 2014

Boletín da CIG San Caetano: Non á integración dos chiringuitos


Achegamos o Boletín da CIG nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, un dos boletíns sindicais con maior difusión de todo o país e maior lectura entre as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza.
Neste número:

- Non á integración dos chiringuitos na Xunta
- Cousas que cheiran na Xunta (denuncias breves)
- Breves (toda a información da Función Pública autonómica: concursos, procesos selectivos, rpts...)
- Humor ou non: Quen cumpre o código ético de Fejióo e quen non.

Podes lelo aquí

venres, 16 de maio de 2014

Medio Ambiente segue renovando as mesmas encomendas que xeraron 14 sentenzas de indefinición na última RPT

No DOG 14/05/2014 publícase unha nova encomenda de xestión da Consellaría de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio para que Tragsatec lle preste "apoio técnico cualificado" á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación.

A dita publicación no DOG adoece de información substancial sobre cuestións tan básicas como a xustificación técnica da falta de medios propios, a achega de medios materiais e humanos da empresa, o custo económico ou se realizarán os traballos dentro dos centros da propia consellaría. Por outra banda, chama a atención que a publicidade desta encomenda se realiza máis de 4 meses despois do seu comezo.

martes, 6 de maio de 2014

A burla do informe dos órganos de representación sobre as flexibilidades familiares

Existen centros dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza que solicitan o informe aos órganos de representación mesmo unha vez esgotado o prazo legal para resolver.

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de dirixir unha batería de escritos a cada unha das secretarías xerais e máis a Función Pública e Avaliación. Estes escritos fan referencia á obriga legal de solicitar informe aos órganos de representación nas flexibilidades familiares. Non só se detectan erros sustancias interpretativos da lexislación actual por parte dos distintos departamentos, senón que existe un atraso evidente na tramitación das flexibilidades familiares e un defecto no envío de documentación para elaborar o informe.

luns, 5 de maio de 2014

Tralos concursos: a voltas coas comisións de servizo e sen instrucións obxectivas

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de remitir dous escritos ao director xeral da Función Pública solicitando: 1) unha nova reunión para tratar as irregularidades das comisións de servizo unha vez rematados os procedementos de provisión de postos de traballo e 2) a apertura dunha mesa de negociación co fin de elaborar un novo texto que regulamente as comisións de servizo con maior transparencia e obxectividade.

Irregularidades tralos concursos
Entre as cuestións que motivan a reunión, a Xunta de Persoal destaca o aumento do mercado negro das comisións de servizo trala resolución dos concursos e detaca o seguinte: as bolsas de postos de nivel 25 que quedaron vacantes tralas renunciar do persoal que tomou posesión en LD, a inobservacia do procedemento establecido (ocupación do posto antes da resolución, ausencia de motivación, non valoración da preferencia no centro...), abuso das reiteradas comisións de servizos en LDs declaradas desertas, etc.