mércores, 23 de decembro de 2020

Premios toxos e flores 2020

Inauguramos na CIG SSCC unha nova convocatoria pública denominada "Toxos e Flores" nas que de cando en vez imos por en cadalso  público  ou en valor as actuaciósn de determinados departamentos desta nosa Xunta de Galicia nos Servizos Centrais. E non nos enrollamos máis e este ano os premios van para...(ruido de bombos).

1.- Flor de ouro


Para a actuación en materia de persoal da consellería de Política Social, pois foi a primeira que puxo en marcha a concesión masiva de modalidades de teletraballo, e por riba nos ía informando puntualmente á Xunta de Persoal desas concesións. Parabéns e que sirva de exemplo para o resto.
    
         

Pleno da Xunta de Persoal de SSCC (Videoconferencia)

O pasado venres 18 hubo pleno da Xunta de Persoal; de feito foi o primeiro pleno celebrado por videoconferencia na nosa historia.

O caso é que fomos quen de incorporarnos ás novas teconoloxías para tratar entre outros temas como:

- A actuación da comisión permanente da XXPP nestes meses de pandemia: ligada sobre todo a solicitar medidas sanitarias anti-covid na volta ao traballo, incorporación do teletrabalo a todos os postos (mención expresa do bo facer da Consellería de Política Social da que deberían copiar moitas outras), implementación de mámparas e máscaras; e solicitude de información e seguimento dos contaxios en SSCC...

martes, 22 de decembro de 2020

Chegan as máscaras ao persoal da Xunta de Galiza (non era sen tempo...)

O "sentidiño" que pide a Xunta á cidadanía non o estaba a aplicar co seu persoal ao negarse a cumprir as obrigas en materia de saúde laboral.

 
Estes días estanse a repartir nos Servizos Centrais (SSCC) máscaras para todos os traballadores/as como levaba reclamando a CIG dende a volta ao traballo presencial de forma masiva en Setembro.

Recordar, que por moito que se lles encha o peto a Xunta, esta compra de máscaras non foi digamos "voluntaria", e veu forzada pola denuncia das delegadas de prevención da CIG en todo o pais, o que conlevou a que houbera varias dilixencias da inspección de traballo conminando á Xunta a repartilas entre todas/os as traballadoras e non como ata o de agora que cada consellería facía o que quería e unhas repartían máscaras e outras non.

Calendario laboral Compostela 2021 (para descargar en formato pdf)

Coma sempre, achegamos o calendario do novo ano cos festivos nacionais, autonómicos e locais para Compostela. Agardamos que sexa vosde axuda. 

Podédelo descargar picando na imaxe ou dende esta ligazón: Calendario CIG 2021 

Agardamos que a Administración xa defina no Portax os dias de asuntos que corresponden para o ano 2021, que segundo as nosas contas deberían ser dous máis, ao cadrar dous festivos nacionais en sábado.

Felices Festas!!!


luns, 21 de decembro de 2020

Calendarios CIG en formato físico (para recoller no noso local sindical)

Xa temos á vosa disposición os calendarios do ano que ven, desta vez co logo  de "Non confinen os teus dereitos".

Coma sempre están en tres formatos:

- Formato peto, tamaño tarxeta de crédito.

- Formato mesa, tamaño folio triangulado.

- Formato parede, tamaño A3 (destes temos moi poucos).

Podedes pasarvos polo local de San Caetano a recollelos, (chamade antes por se acaso 45909), ou mesmo para despois do Nadal podemos pasar a levalos a algún sitio se non podedes achegarvos.

Felices Festas a tod@s!!!