mércores, 28 de setembro de 2022

CIG-Área Pública exixe convocar xa a Mesa Xeral para negociar a recuperación salarial

  

A CIG-Área Pública vén de dirixirse por escrito á ministra de Facenda e Función Pública para exixir á convocatoria inmediata da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas co obxectivo de iniciar canto antes a negociación das medidas de recuperación dos salarios e dos dereitos do persoal empregado público que debe conter o Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2023.

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) rexeita que o Goberno español pretenda puentear a Mesa Xeral (na que están presentes as centrais sindicais máis representativas no ámbito da función pública) ao convocar unha reunión só con tres sindicatos (CCOO, UGT e CSIF) para abordar e pactar unha suba salarial que afecta a todo o persoal empregado público.

Se o Goberno ten interese en facer unha rolda previa de contactos, a Área Pública da CIG reclama non ser excluída e que, na súa calidade de sindicato máis representativo, sexa tamén convocada á reunión do próximo mércores para explicar as súas propostas.

Marco legal de negociación

En todo caso, lembra que o ámbito legal de negociación das condicións laborais e económicas dos traballadores e das traballadoras ao servizo das Administracións é a Mesa Xeral. Que o Goberno español pretenda chegar a acordos fóra deste marco, contando só cunha parte da representación sindical, furta o dereito fundamental de participación das miles de empregadas e empregados públicos galegos que escolleron á CIG como sindicato de referencia.

mércores, 14 de setembro de 2022

Onde está a Carreira profesional na Xunta de Galicia?

A Carreira profesional na Xunta é un tema que roza a ignominia.

Despois dunha negociación express no ano 2019, impulsouse unha carreira profesional que non contou co apoio deste sindicato, pero que se instaurou.

Chegou a pandemia e por motivos económicos paralizouse todo, a xente que tiña que comezar a consolidar o grao II quedou empantanada e os que tiñan que comezar a cobra o grao I, o mesmo.

Amais, a CIG denunciou a ilegalidade de deixar aos compañeiros/as temporais fóra do acordo e gañou, pero esto non era óbice para modificar o acordo e avanzar no mesmo.

A Carreira profesional, a día de hoxe, sabemos que foi unha quimera que se montou a Xunta de Galicia para convencer ao persoal laboral para a súa funcionarización, porque senón non se explica a paralización.

Neste ano asistimos a sintura dun novo Acordo, agora chamado de "carreira administrativa" para burlar as sentenzas de aplicación sobre a carreira profesional. Pero nen sequera ese novo acordiño se pon en marcha e os miles de funcionarios/as desta Administración seguimos a esperar con cara de idiotas por un complemento que si teñen desenvolto os compañeiros do Sergas e de Xustiza.

E todo isto na situación de perda de poder adquisitivo enorme que estamos a sufrir as traballadoras e traballadores públicos dende hai anos, pero que se recrudece neste 2022 pola inflación galopante dos prezos.

Pero parece que agora mesmo esto non interesa, non interesa promocionar profesionalmente ao persoal e garantirlle dereitos salariais, interesa máis arranxar o do concurso de méritos, ou os enchufes das comisións de servizo e o concurso específico; ou mesmo cambiar de coches no parque móbil.


martes, 13 de setembro de 2022

PODER ADQUISITIVO PERDIDO: PÓÑANSE AS PILAS NOS ORZAMENTOS.

 Os acordos de concertación social entre a Administración e os sindicatos estatais vinculaba por primeria vez os nosos soldos ao PIB nacional e non ao IPC como era costume.

Dende a CIG viamos un perigoso antecedente ao poñer en risco o equilibro entre suba de prezos e revalorización dos salarios, e iso que naqueles anos 2018/2019 no se vía vir a crise que estamos a padecer actualmente.


Así negociaronse incrementos fixos da orde do 2% cuns posibles complementos baseados nunhas variables (PIB, débeda pública) que xa non se van  dar.

Pero claro, o aumento dos prezos rolda todos os meses deste ano 2022 o 10%, e con seguridade pechará o ano por riba do 8%, e con iso ninguén contaba cando se pechou ese mal acordo.

En resumo, temos que ser quen de darlle a volta a este acordiño e por enriba da mesa subas de soldos para o ano 2023 que compensen polo menos en parte a perda tremenda de poder adquisitivo do persoal funcionario. Estamos a falar dunha suba que  como mínimo iguale a alza dos prezos.

Amais queremos que se desatasque a carreira profesional, verdadeiro timo deste goberno xunteiro que asina acordos que nin sequera é capaz de cumplir.


A Xunta aproba o Decreto de Mobilidade: Unha oportunidade perdida, vai seguir o enchufismo

 

A Xunta de Galicia publicou o luns 12 no DOG o Decreto que vai regular a mobilidade do persoal da Comunidade autónoa  e dos entes instrumentais. Trátase dun decreto marco que dá as pinceladas básicas para os concursos, e que terán unha concreción maior nas convocatorias propias. Decir que este Decreto fora supostamente negociado no ano 2019 , sen aceptar case nengunha achega sindical e agora tres anos máis tarde aprobado  case ás agachadas. Os puntos máis importantes refírense a : 


  • CONCURSOS: Trata de alixeirar a carga de baremación; dividida en méritos necesarios (antigüidade, galego, traballo desenvolvido) e méritos optativos (carreira profesional, formación, titulación, reunificación familiar, áreas funcionais). A esixencia que fixemos da convocatoria regular queda nun pequeno brinde posibilista "procedementos abertos e permanentes" pero sen datas concretas. Seguen permitindo renunciar antes da toma de posesión se consigues outro posto (apalancamento coas Lds).

    As resolucións "deberán facerse no prazo de 6 meses", nada de obrigacións. Tal como foi o último concurso da administración xeral e con todos os corpos de especiais á espera, case sona a cachondeo 

  • CONCURSO ESPECÍFICO: Nova modalidade e verdadeiro motivo deste Decreto; regula a provisión dos postos  de Concurso específio (CE) que xa veñen así definidos  nas Relacións de postos de traballo, que son basicamente os de xefatura de servizo, direccións de centros externos e habilitacións. . As OOSS non estarán presentes na Comisión de Valoración non sexa que lle destapemos os chanchullos. Cada cinco anos voltarase a valorar ao persoal para poder continuar ou cesar. A CIG segue a apostar polo concurso de méritos para todas estas prazas. Cabe destacar que hoxe en día todas estas prazas (son centos) están en comisión de servizos irregulares pois superan con creces os dous anos de mandato.

  • LIBRE DESIGNACIÓN: Reservada para os postos de Subdireccións e vicesecretarías, así como para as secretarías de altos cargos e outros postos que así o determine. Non achega nengunha transparencia ao proceso de elección que segue a ser moi oscurantista.

  • COMISIÓNS DE SERVIZOS: É neste eido onde se ve a verdadeira vocación da Administración (que o importante non cambie). Non se toca nada en absoluto, seguiremos tendo comisións eternas, pois valida a posibilidade de superar en varios casos  os dous anos como máximo de nomeamento nunha comisión. Dous anos que por experiencia sabemos que se superan amplamente en case todos os casos. Amáis non garante para nada a concesión pública, baremada e transparente.

  • PERMUTAS: Regulaas pero só entre persoal funcionario de carreira, non queren saber nada das permutas entre persoal interino como fai Ensino. Con uns condicionantes  de cinco anos de servicios prestados que non compartimos.

  • OUTROS: Regula tamán a ascrición provisional nouras AAPP, por motivos de saúde, traslados por violencia de xénero. Por último meten de calzador a estruturación das áreas funcionais.