venres, 21 de febreiro de 2020

Horario de entroido 2020

Achegan aos servizos de Persoal o horario extraordinario con motivo das festas de Entroido. Aos traballadores/as  que prestan servizo en Compostela ao seren o martes de entroido festivo só nos afecta o horario de mércores:

a) Horario oficial: Entrada o mércores as 9.00 horas

b) Horario flexibilidade automática: Horario de entrada as 9.00, ou tendo unha redución dunha hora e quince minutos na parte flexibe.

c) Horario flexibilidade por conciliación: Redución dunha hora e quince minutos na franxa horaria de de traballo.

xoves, 13 de febreiro de 2020

Reunión da XXPP co Director xeral da Función Pública

O pasado martes 11/02/2020 a permanente da Xunta de Persoal de Servizos Centrais mantivo unha reunión co Director Xeral da Función Pública que xa anteriormente tiñamos solicitada co Consellerio de Facenda dende novembro. O señor Valeriano decidiu pasar de nós (seica está enfadado dende que o metemos na fiscalía pola desfeita das oposicións de Turismo) e ordeou que fose o director xeral da Función Pública quen nos atendese. Dicir  que xa tiñamos solicitada tamén co sr. Barreiro unha reunión previa pero como sempre non nos contesta aos escritos e dende logo ganas de falar con nos non debe ter moita (pero como mandaba o conselleiro tivo que achantar). Na citada reunión aproveitamos para tratar os seguintes temas:

1.- Entregámoslle o novo Regulamento da Xunta de Persoal de SSCC. Aquí falamos da lealdade institucional entre os órganos da administración, e concretamos que  débese responder aos escritos que se presenten, por poñer un exemplo na anterior lexislatura non nos responderon dende a Función Pública Galega a máis de 20 escritos presentados  (recordemos que estamos a falar de que representamos a preto de 3000 persoas; funcionarias e funcionarios da Administración atuonómica). Tamén abordouse a idea de que deberíamos ter un enlace como Xunta de Persoal na paxina web de Función Púlbica, asimesmo se falou do tema de acceso a  REXEL no que a Xunta de Persoal despois de moitas xestións para que esté habilitado como receptora/remisora de documentos, a cousa aínda non vai. (recordemos que entre outras cousas temos que informar de todas as flexibilizacións por motivos familiares).

 2.- Solicitamos información do  concurso específico, que o director despachouno con un "está pendente do informe do Consello Consultivo", logo parece ser que se porán con elo de inmediato. 


mércores, 12 de febreiro de 2020

Póliza de accidentes do persoal ao servizo da Administración Autonómica da Galiza

A Consellería de Facenda formalizou unha póliza de seguro cuxo obxecto é a cobertura dos riscos de accidentes do persoal da Administración da Comunidade Autónoma que se defina como asegurado.

A Compañía indemnizará en caso de falecemento, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta, gran invalidez ou invalidez parcial, en todas as continxencias derivadas de enfermidade profesional ou calquera accidente (Laboral ou non laboral que non estea expresamente excluído pola póliza) sufrido durante as 24 horas do día polo Asegurado e en calquera parte do mundo.

Adicionalmente a póliza establece a posibilidade da contratación dun seguro de vida e outro de accidentes, voluntario, para o persoal amparado pola mencionada póliza, tal e como está recollido no Anexo I da póliza. Esta adhesión voluntaria é totalmente independente da póliza da que é tomadora a Consellería de Facenda. Para calquera trámite, os interesados poden poñerse en contacto coa corredoría de seguros intermediaria na póliza: AON GIL Y CARVAJAL, SAU, CORREDURÍA DE SEGUROS, no correo-e: adhesionvoluntaria.xunta@aon.es teléfono: 981216013