venres, 30 de outubro de 2020

ANTE A SITUACIÓN DA PANDEMIA: TELETRABALLO COVID...XA!!!!!!!!

 Como sabedes acaban de decretar o peche perimetral dos concellos de Compostela, Ames e Teo; o número de casos non para de medrar na área sanitaria (imos por máis de 1300 activos) e os positivos nas sedes da Xunta en servizos centrais tamén van medrando (pese a que non nos dan información nengunha).


A día de hoxe aínda andan a marear o tema do teletraballo ordinario (acaban agora mesmo de achegarnos o segundo borrador) que xa chega tarde.

As secretarías xerais técnicas seguen a mirar para outro lado mentras seguimos a ter as oficinas cheas de  xente; e os buses seguen petados, queremos teletraballo xa e para elo non podemos esperar polo teletraballo ordinario. Hai que artellar urxentemente un teletraballo COVID polo menos ata Nadal.

Para seguir presionando ideamos dende a CIG en servizos centrais unha campaña de información en todos os centros, para elo aparte dos contactos con todas as secretarías xerais técnicas que estamos a ter, diseñamos este cartaz para que toda aquela xente que esté indignada con este tema (que espero que sexades moitas/os) o descargue, imprima e o  coloque no seu ordenadore, no taboleiro da unidade, nas portas ou onde estimedes; o caso é que os responsables saiban que estamos moi pero que moi cabreados coa súa falta de xestión.

Nós xa os poñemos polos taboleiros para que a nosa dignidade esté por riba da súa indignidade!!!

Última hora na AAPP dos diferentes países:

Reino Unido: Teletraballo

Francia : Teletraballo

Italia: Teletraballo

Xunta de Galicia: estamolo a pensar, pero a Xunta é sitio seguro e non pasa nada....e amáis no queremos que a rasquedes na casa...

xoves, 22 de outubro de 2020

LOTERÍA CIG SSCC

 Como todos os anos (e este máis que nunca) poñemos a venda a tradicional lotería da CIG.  Xogamos o mesmo número e as participacións voltan a ser de 5 euros sen recargo.

Este ano coas especiais condicións motivadas pola pandemia e para que non teñades que desplazarvos dende fora de San Caetano, a toda aquelas persoas que queiran algunha participación e non poidan achegarse ao local podedes ou ben mandarnos un correo (cig.sscc@gmail.com) ou chamarnos ao local sindical (981 545909) e iremos a levala aos vosos centros de traballo.

Para elo será bo que faledes entre as compañeiras/os para pedila toda xunta e non teñamos que voltar de segundas.

Esperamos este ano dar algunha alegría para contrarrestar o COVID e ao Barreiro.

Ante o empeoramento da situación sanitaria a Xunta debe implantar urxentemente o "teletraballo COVID"

En Compostela prohíbese a xuntanza de persoas non convivintes salvo na Xunta onde podemos estar no número que sexa e sen mascara.

O xoves, 22 de outubro, toda Galiza entrou en fase dous o que implica fortes limitacións na vida diaria (máximo reunións de 5 non convivintes, entre outras). Nalgúns concellos agravan estas limitacións e pasan a nivel vermello (Compostela entre eles) e outros teñen confinamento perimetral. A pesar de todo iso, a Xunta segue sin implantar o "teletraballo COVID" para o seu persoal e actualmente só o contempla en supostos de "peches de centros escolares" ou "persoas sensibles". As concretas restricións pódense consultar nun DOG bis publicado o mércores a última hora.

Parécenos dunha irresponsabilidade inescusábel someter ao persoal que actualmente pode prestar os seus servizos en réxime de teletraballo (e cuxa presencia non resulta necesaria de xeito continuado) obrigalo a desprazarse a centros de traballo (moitas veces en concellos con peor situación sanitaria) onde a única medida de protección que presta a Xunta actualmente son mamparas, xel hidroalcólico e frechas no chan.

luns, 19 de outubro de 2020

A proposta de teletraballo da Xunta: "unha merda pinchada nun pau"

Desde a CIG denunciamos que a Xunta reduce as xornadas para acollerse a esta modalidade e dificulta a conciliación familiar e laboral.

Desde a CIG amosamos o noso rexeitamento ao borrador de acordo sobre o teletraballo no emprego público remitido pola Xunta ao entender que supón un retroceso en dereitos con respecto á actual regulación. Entre outras cousas, a proposta reduce as xornadas para acollerse a esta modalidade e dificulta a conciliación laboral e familiar ao eliminar a flexibilización horaria. 

Este documento proposto pola Administración demostra que desconfía do teletraballo como sistema eficaz de organización e que tampouco ten interese en organizalo; é mellor ter a xente nas mesas (tamén na casa) agardando a recibir ordes, sen planificar nin facer un verdadeiro traballo por obxectivos. A Xunta está a quedar con esta proposta como o antivacinas ou o anti 5G do teletraballo, con medos infundados e pouca capacidade organizativa.

martes, 13 de outubro de 2020

Había unha vez un concurso de traslados na Xunta de Galiza

O 9 de outubro rematou o prazo para presentar por parte das persoas concursantes os certificados emitidos polas unidades de persoal no caso de modificar o expediente.

 

Falamos, como non, do concurso de traslados de Administración Xeral, ese que se convoca de vez en cando, cando lle peta aos mandamases desta Administracións (sí, en masculino, que ata nesto seguimos moi atrás no tempo). Outros corpos ou escalas non teñen tanta sorte e levan sen concurso desde 2012 como en Administración especial ou desde 2011 como o persoal laboral.

mércores, 7 de outubro de 2020

Agora sí: "Xunta de Galicia" ten que subministrarnos as máscaras tamén en edificios administrativos

Dende mediados de xullo e cando se fixo obrigatorio o uso de máscaras (DOG 18 de xullo)  a CIG-Administración demandou que a Xunta de Galicia subministrara estas a todo o seu persoal. Ante a negativa da administración  levamos  facendo unha campaña de denuncias en todos os centros de traballo para que subministrara as máscaras; tamén o denunciamos nos Servizos Centrais.


A Xunta como sempre, actuou dunha maneira moi desorganizada e houbo centros onde suministrou máscaras (Turismo, Sanidade) pero na maioría deles e sobre todo nos edificios administrativos cada un tivo que traer a súa.

Agora a Inspección de traballo da Coruña fixo un requerimento para que a Adminsitración autonómica cumpra coa súa obriga como empresa tamén nos edificios administrativos. Podedes velo no enlace do final desta noticia; pero basicamente ven a dicir:

- Dende a orde todos os centro de traballo teñen que suministrar máscaras aos seu traballadores e traballadoras como medida de seguridade.

- As unidades administrativas non son (como dí a Xunta dunha maneira torticeira) centros privados senón públicos onde todos os departamentos son susceptibles de acceso público.

O teletraballo é un dereito: tamén para as LD

Coa aprobación da reforma do EBEP (publicada no BOE do pasado mércores 30 de setembro) o teletraballo pasa a ser un dereito consolidado ao igual que o son as vacacións, as baixas laborais ou acudir ao médico.

Á espera do urxente desenvolvemento desta nova normativa por parte da Xunta (modo retranca ON) estamos empantanados entre a escasa regulación do teletraballo ordinario e a mínima posibilidade de teletraballo COVID e o saco de "causas excepcionais".

Pero aínda así, non todo o persoal directivos comprenden esta situación. Hoxe traemos un exemplo de como se pode ter unha actitude torticeira, irresponsable e irracional á hora de enfrontarse a unha concesión de teletraballo, onde o único límite debe ser o mantemento do servizo público.

Trátase do caso do interventor da consellería de Facenda, que logo de estar teletraballando na pandemia, solicitou o teletraballo ordinario en Xuño, pois como todos, non quería expoñerse a un risco innecesario de contaxio de Covid nun edificio tan ateigado como é o de San Caetano.

O caso é que a consellería mirou para outro lado e pasaron os tres meses de rigor, co que este dereito consolidábase como silencio positivo.

luns, 5 de outubro de 2020

Cantos positivos COVID hai na Xunta?

Todos os días nos contades sobre compañeiros/as positivos COVID ou contactos de positivos nas diferentes consellerías (a última de hoxe parece ser que foi en Función Pública); levamos dende principios de setembro co mesmo conto.

Non hai na Xunta unha verdadeira práctica de transparencia, non informan aos Comités de seguridade (salvo a honrosa excepción de Cultura), non coñecemos as medidas específicas tomadas; non sabemos de número de casos nen departamentos; ou sexa a Xunta fala moito do Covid e protocolos pero na súa casa non actúa conforme ás súas normas.

Nen máscaras nos dan.

Todo esto liga coa paralización das solicitudes de teletraballo (agora xa ata suspenden os procedementos desde as secretarías xerais técnicas para evitar o silencio positivo porque non lles chegan os informes preceptivos de Función Pública e Avaliación...) e seguen a marear a perdiz entre as Secretarías xerais e Avaliación e Función Pública, dando largas e sen facer unha verdadeira política de persoal anti-pandemia nin proconciliatoria que faría que no caso de acontecer algún  caso COVID o impcato fose moito menor e de paso facilitarlle os dereitos ao traballo a distancia e de conciliación ao seu persoal.

Señor Feijóo, onde quedou a transparencia? E o sentidiño? E a aposta pola conciliación? E a Administración eficiente? O iso é só para os descursos na TVG?

Consellaría de Facenda: exemplo de como xestionar mal os dereitos de conciliación e máis en tempos de COVID

Esta consellaría foi a primeira en limitar a flexibilidade familiar esixindo en todo caso unha franxa obligatoria de permanencia independentemente do posto, limitando así a conciliación de horarios e mesmo a ausencia durante días (de obrigada recuperación) por motivos famliares que permitiría este dereito.

Hoxe traemos a este foro á consellería do señor Valeriano, sí  a todopoderosa Facenda, parece que non só vai en cabeza en poder dentro da Xunta senón en como facer as cousas mal en cousas relacionadas coa conciliación e co COVID. Nós que teríamos que estar pelexando contra o Covid temos que gastar folgos en pelexar contra Facenda por cousas elementais. Pois van eses golpes:

- Primeira na frente: Xa é coñecido o caso do interventor delegado da súa consellaría (xa o explicamos noutro artigo) que foi cesado por exercer o seu dereito ao teletraballo ante o silencio positivo.

- Segunda no mentón: Esta consellería segue a enviar ao seu persoal inspectores a traballar sen as mínimas medidas de protección (máscaras, guantes, pantallas), e despois nos queixamos de que suben os contaxios.