Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase
Amosando publicacións coa etiqueta lei de medidas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lei de medidas. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de outubro de 2021

Orzamentos e lei de medidas 2022

 

O acontecido na Mesa Xeral de Empregados Públicos do 15 de outubro non foi pasar o rodete, foi unha falta de respecto a todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza. Non teñen escrúpulos e desta vez foi o recente falecemento do conselleiro de Facenda a escusa para non informar debidamente e modificar a lei de emprego público as présas e sen negociar.
Así, Función Pública solucionou en menos de 24 horas o amargo trago de cumprir coa lei e sentarse coas organizacións sindicais previa aprobación no Parlamento destas leis que afectan ao persoal empregado público.


Os Orzamentos para 2022

Non nos deron documentación ningunha. Soltaron uns poucos datos xerais (sen diferenciar nin sectores, nin consellerías, nin moito menos partidas orzamentarias). De seguro que serán máis completos no telexornal da RTVG. Preguntamos e... Isto é o que hai:

  • Suba salarial que marca o goberno do Estado: 2%
  • Recuperación do poder adquisitivo perdido na Galiza: CERO
  • Recuperación do complemento específico nas pagas extras: CERO
  • Recuperación do Fondo de Acción Social: CERO
  • Recuperación das compensacións e dereitos do V Convenio: CERO
  • Recuperación de emprego público: CERO
  • Graos extraordinarios 1 e 2 da carreira profesional: parece que si, pero non se sabe canto, nin onde, nin para cantos.
  • Orzamento para pasar o persoal de incendios de 9 a 12 meses: na “bolsa” (debe ser un caixón de xastre dos orzamentos)
  • Orzamento para as “primas” do persoal escollido para os Fondos de Recuperación e Resiliencia (FRR): unha incógnita.

luns, 13 de agosto de 2018

Para setembro a negociación do acordo de mellora no emprego e carreira profesional

Despois de que a CIG puxera enriba da mesa que non se poden negociar incrementos ridículos como os derivados dos acordos de Madrid e obviar a necesidade de establecer unha carreira profesional, Función Pública ponnos un borrador desta enriba da mesa. Isto, que nun principio pode parecer razoábel, deixou de selo en canto Función Pública amosou a súa intención de negociar e pechar o asunto en poucos días, en pleno mes de agosto.

Función Pública teima en ligar o acordo de mellora do emprego público e o acordo da carreira profesional, sen negociación real e cunhas condicións inaceptábeis. Pola súa importancia e transcendencia para o conxunto de empregadas e empregados públicos, a carreira profesional precisa dunha negociación propia e exclusiva á marxe de calquera outra materia.

mércores, 1 de agosto de 2018

Carreira profesional e acordo de mellora no emprego: pretenden ventilalo nunhas semanas en plenas vacacións

O que no Sergas durou meses de negociacións


Na tarde do venres 27 recibimos un correo no que por orde do director de Función Pública daban traslado ás organizacións sindicais dous documentos, con indicación de que podiamos presentar alegacións antes do martes 31:
  • Unha nova versión dunha proposta de ampliación do mal chamado acordo de estabilización.
  • Unha primeira versión dun futuro plan de carreira profesional.

A existencia dunha carreira profesional, ou sen utilizar ese nome o establecemento dun sistema de promoción real, tanto ascendente a un grupo superior como horizontal dentro do mesmo grupo, foi unha reivindicación de sempre da CIG, sen conseguir receptividade algunha por parte dos nosos interlocutores. O goberno, o director de función pública, sábeo de sobra.

venres, 20 de xullo de 2018

Nin 35 horas, nin o 100% das baixas. O que non recolle a nova proposta de acordo da Xunta

No novo texto do acordo galego de mellora de emprego público, a Administración e os sindicatos que asinaron o de Madrid vense obrigados a introducir melloras estéticas de cara a vendelo ao persoal despois de que dende a CIG destaparamos que se estaba a argallar un novo acordo onde non se recollía ningunha mellora máis que a ridícula suba salarial por debaixo do IPC.

martes, 22 de maio de 2018

O comité denuncia a vulneración do dereito de folga do persoal de Xustiza

Mantén a convocatoria de paro porque o conflito non está pechado.


Ante o abandono do comité de folga por parte de SPJ-USO, UGT e CCOO, esta mañá reuníanse a CUT, STAJ e a CIG para analizar a actual situación e tomar unha decisión ao respecto.

Dado que é o comité de folga o único órgano que pode convocar ou desconvocar a folga; que ás organizacións sindicais que o seguen conformando non lles consta nin asinada, nin publicada ningunha proposta ou Acordo, e ante a negación que está facendo a Xunta de Galiza, non só dos traballadores e traballadoras, senón tamén da maioría sindical decidiron, por unanimidade:

mércores, 16 de maio de 2018

Discriminación nas baixas laborais do persoal de MUFACE na Xunta

No caso que vos imos contar a continuación hai persoal da Xunta que tamén está afectado. Até o de agora, obrigou a moita xente, maioritariamente de Ensino a acudir á Xustiza a recuperar os cartos. Despois de instar en varias ocasións a cumprir a legalidade, a Xunta segue a marear a perdiz. O tema é moi parecido ao da paga extra do 2013 en tanto en canto obrigou a unhas cantas persoas valientes a empapelar os xulgados para que ao final cobrara todo o mundo...

venres, 4 de maio de 2018

Convocadas concentracións en apoio ao persoal de Xustiza en folga: 7 de maio diante edificios administrativos da Xunta

O luns día 7 de maio ás 11:00 h diante dos edificios administrativos da Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo


A CIG-Administración, xunto cos sindicatos de Xustiza que se manteñen no comité de folga, convoca concentracións do sector de autonómica para o vindeiro luns día 7 de maio, ás 11:00 horas, diante dos edificios administrativos da Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, en solidariedade cos compañeiros e compañeiras de xustiza. Nas mobilizacións, que coinciden co día no que se cumprirán os 3 meses de folga -90 días-, demandarán da Xunta de Galiza a negociación final do seu acordo retributivo, para que se poña fin ao conflito.

luns, 30 de abril de 2018

Gran lección de dignidade dos traballadores e traballadoras de xustiza

Fracasa nas asembleas a "traizón" orquestrada pola Xunta con USO, CCOO, UGT e CSIF. En vista dos resultados, CIG, CUT e STAJ convocan a Xunta para retomar as negociacións o vindeiro mércores, 2 de maio.

luns, 9 de abril de 2018

Persoal de Xustiza toma as rúas de Compostela para exixir da Xunta que sente a negociar e remate o conflito

A manifestación desenvolveuse no día no que se cumprían 60 xornadas de folga


Miles de traballadores/as do sector de Xustiza percorreron este sábado as rúas de Compostela para exixir da Xunta que sente a negociar, logo de 60 días de folga indefinida. No decurso da protesta exixiron a dimisión de Rueda, ao que responsabilizan de impedir o avance das negociacións e de dar falsas informacións co obxectivo de manipular á opinión pública. A manifestación produciuse coas conversas rotas, logo da Xunta abandonar a última mesa de negociación sen pechar ningún documento de acordo nos puntos de IT, substitucións, amortizacións e reforzos e sen quere entrar a valorar a última proposta económica formulada polo comité de folga.

luns, 2 de abril de 2018

2 millóns de euros ao ano para fomentar os sistemas privados de pensións, a outra cara B da Mesa Xeral de Negociación

O último Acordo de Madrid non foi de balde. Tanto CCOO e UGT como CSIF (estes últimos polo que aquí comentamos) van cobrar por ter asinado un acordo lesivo. Alguén pode pensar que o de cobrar é un recurso retórico que empregamos, pero non... cobran en moeda de curso legal, en euros vamos, aínda que metaforicamente poderían ser as 30 moedas de prata de Xudas.

Máis chamativo resulta de CCOO e UGT, que teoricamente defenden o sistema público de pensións, non dubidan en negociar fondos de pensións privados onde as traballadoras e traballadores públicos PAGAN AOS SINDICATOS ASINANTES comisións por reterlles parte do seu salario. Isto, ademais dun roubo e dunha indecencia, chámase fomentar sistemas de pensións de carácter privado. Porén, tampouco é de estrañar pois no ámbito das pensións púbicas defenden a revalorización co IPC pero no caso das traballadoras e traballadores públicos asinan pola revalorización de acordo co PIB.

martes, 27 de marzo de 2018

A folga na xustiza galega chega á súa 49 xornada de loita "con dignidade e resistencia"

A Xunta rexeitou a nova proposta trasladada pola representación dos traballadores/as


Dende o pasado 7 de febreiro, o persoal de Xustiza de Galiza está en folga indefinida para recuperar os dereitos roubados, esixir melloras laborais e reverter o recorte de emprego aplicado pola Xunta neste servizo público. Esta loita, exemplo de dignidade, suma este martes a súa 49 xornada e as traballadoras e traballadores están dispostos a seguir pelexando até lograr acordos satisfactorios nos cinco puntos da plataforma reivindicativa.

5 millóns de euros para formar cadros sindicais, a cara B da Mesa Xeral de Negociación

O 26 de marzo publícase no BOE o acordo estatal para mellora do emprego público asinado por CCOO, UXT e CSIF co Goberno español.

O acordo en si xa foi analizado en sucesivas notas informativas, máis profundas das que fixo ningún dos sindicatos asisantes, por certo. No que queremos centrarnos hoxe é no ben esconden tras unha prosa moi elaborada a "pasta da formación de cadros sindicais" no punto 6 do dito acordo, que igual lles axudou a renunciar ao IPC no lugar do PIB como revalorización das nosas retribucións.

En el seno del grupo de trabajo de Impulso de la formación de los empleados públicos, creado en el Acuerdo para la mejora del empleo público suscrito el pasado 29 de marzo de 2017, se participará en la labor de prospección de necesidades de las iniciativas formativas para el personal al servicio de las Administraciones Públicas y se accederá a las acciones formativas dirigidas a la capacitación para el desarrollo de las funciones relacionadas con la negociación colectiva y el diálogo social.

venres, 16 de marzo de 2018

Resumo da Mesa Xeral das Administracións Públicas do 14/03/2018

A CIG rexeita o acordo retributivo para persoal das administracións públicas asinado por CCOO, UGT e CSIF co goberno do PP pois non inclúe a recuperación “do roubado” nin vincula as subas salariais ao IPC


A Área Pública da CIG rexeitou, na Mesa Xeral das Administracións Públicas, celebrada o 14 de marzo, o acordo retributivo asinado entre os sindicatos estatais e o goberno do PP porque non inclúe a recuperación do roubado, nin vincula as subas salariais ao IPC. Ademais opúxose a que se destinen máis de 5 millóns de euros para subvencionar ás organizacións sindicais, tal e como se recolle no novo Acordo de Formación para o Emprego do persoal das Administracións Públicas.

mércores, 14 de marzo de 2018

Suba salarial e recuperación de dereitos anunciada: cando será efectiva?

O acordo asinado en Madrid resulta moi fráxil tanto pola situación política como económica 


Estas semanas veuselle dando moita publicidade ao tema do preacordo asinado en Madrid polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF co Ministerio de Facenda sobre a recuperación salarial e outros dereitos das traballadoras e traballadores públicos. A parte do contido e do contexto, hai que ter cautela sobre a súa efectividade.

martes, 13 de marzo de 2018

O choio do plus dos altos cargos sobrevive na Xunta en dúas modalidades

Estes días volve a estar na palestra o plus dos altos cargo por mór do pronunciamento do Tribunal Superior de Xustiza de Balears que lle da a razón ao goberno autonómico que o suprimiu e o considera "irracional". 

Só a Comunidade Autónoma das Illes Balears tumbou este complemento. Na Xunta de Galiza está suspendido pola Lei de medidas do 2012 vai pouco debatida para a súa derrogación no Parlamento de Galicia e ao que o PP se opouxo. 

Convén facermos fincapé sobre a realidade, este complemento só está suspendido e para máis inri, a partir do 2015 sacáronse da manga outro plus de altos cargos. Algo que no seu momento xa denunciamos e bautizamos como "o plusiño dos altos cargos" e que volvemos denunciar pois sigue en pé e supón un agravio comparativo fronte a carreira do resto de persoal funcionario que non ocupara un posto de alto cargo.

Mesa Xeral sobre os criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2017

Achega Función Pública un borrador sobre os criterios de repartición do FAS (Fondo de Acción Social) para o 2017. Como o resto de anos, desde o 2012 incluído, este fondo só contempla axuda social para atención á persoas con discapacidades ao cargo da traballadora ou traballador público.

Por moito que outras centrales nos veñan vendendo a moto dos grandes preacordos asinados en Madrid, seguimos peor que a comezos do 2010 en perda de dereitos e de poder adquisitivo. Un acordo, por certo, que venden como se fose a executarse directamente de hoxe para mañán e aínda que fora certo e inmediato seguiríamos moi lonxe da tan cacarexada recuperación. De momento, aquí, sobre a mesa o único que nos botou a Xunta foi este acordiño sobre o que queda do Fondo de Acción Social, ridículo para o que é a Xunta en comparación con outras empresas de tamaño semellante.



luns, 5 de marzo de 2018

Reunión do Comité Intercentros coa Consellaría de Politica Social

O día 28 de febreiro e logo de varias solicitudes, representantes do Comité Intercentros mantiveron unha xuntanza coa Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Política Social na que se lle expuxeron as seguintes cuestións: carteleiras de traballo, problemas nos centros con traballadores/as non aptos, discriminación persoal a quendas, descanso domingos e festivos, conciliación familiar,  descontos por IT, entre outras.


mércores, 21 de febreiro de 2018

Feijóo vota en contra da supresión da lei de medidas "temporais" do 2012

Lembrades cando o propio Feijóo dixo aquelo de "non lle podo pedir máis ao noso persoal público"?  Era xullo de 2012 e acababan de secuestrarnos a paga extra de nadal, secuestro que duraría anos. Pouco despois, Feijóo volvería a innovar en recortes no sector público, coa supresión do complemento específico da paga extra durante 3 anos. O martes, 20 de febreiro, volveu a dicir unha cousa e facer o contrario.

Este 20 de febreiro debateuse no Parlamento de Galiza a proposición de Lei, presentada pola organización política EN MAREA para a derrogación da Lei 1/2012, de medidas temporais do emprego público de Galiza excepto a suspensión do plus dos ex-altos cargos.

Galiza foi o laboratorio de probas dos recortes contra as traballadoras e traballadores públicos desde a implantación a comezos do 2012 da nosa propia lei de medidas; logo viría a do Estado español. Esas medidas ben que anunciaron que ían ser temporais e logo ou aí quedaron ou mesmo as incorporaron á lei de emprego público como a do desconto na nómina por incapacidade temporal independentemente do cadro de persoal de baixa, por certo, polo que moito sentido do aforro non ten, senón máis ben punitivo.

martes, 20 de febreiro de 2018

Segue adiante a folga indefinida no sector de xustiza mentres a Xunta "enroca" as negociacións

Rachan as conversas e o comité pide unha nova interlocución para desbloquear o conflito


Segundo día de reunións maratorianas na EGAP entre o comité de folga de Xustiza e a Xunta de Galiza e segundo día no que a administración galega "enroca as negociacións" presentando propostas que mesmo empeoran as ofertas anteriores en puntos nos que había certo entendemento e pretendendo xogar ao desgaste e á división. Unha tensión que finalmente acabou por rachar as conversas a media tarde deste martes e co comité demandando unha nova interlocución que permita desbloquear a situación. Fronte "ás bafaradas de gasolina que bota a Xunta" sobre o conflito, a resposta dos traballadores e as traballadoras segue a ser o seguimento masivo da folga indefinida iniciada o pasado 7 de febreiro.

xoves, 15 de febreiro de 2018

Miles de traballadores/as de xustiza maniféstanse nas sete cidades galegas

A pesar do seu compromiso, a Xunta aínda non convocou unha nova xuntanza para seguir negociando. Ao remate das manifestacións deuse lectura ao comunicado de apoio á folga emitido pola xunta de Persoal funcionario dos servizos centrais da Xunta