Así o explica o secretario nacional da CIG-Administración, Luís Carballo, que considera que a demanda do CSIF dunha suba salarial igual ao IPC de 2024 “é o mesmo que pedir a conxelación salarial”, porque iso non permitiría achegarse, sequera, ao poder adquisitivo perdido ao longo destes anos.
Sindicato Nacionalista de Clase
luns, 11 de novembro de 2024
CIG-Administración convocará mobilizacións para denunciar “a conxelación salarial” nos orzamentos do Estado e da Xunta
mércores, 30 de outubro de 2024
A Xunta aproba unha suba salarial de entre 4.156,32 a 10.195,36 €/ano para o 2025
Segundo recolle a DA 15ª (Medidas de homologación retributiva aplicables a determinadas escalas de persoal funcionario) do proxecto de Lei de Orzamentos
venres, 25 de outubro de 2024
As novidades que nos trae a Lei de Orzamentos en material de persoal para 2025
O que diga o Goberno central e, se lles dá a gana, convocan o grao II ordinario e III extraordinario da carreira profesional (e a ver con que requisitos). A realidade é que cando chegue o 1 de xaneiro de 2025 subirán os prezos de todo e o noso salario ficará igual que no 2024.
E nada de recuperar os dereitos perdidos na lei de medidas do 2012 (aquela que ía ser temporal): fondo de acción social, 9 días moscosos de base, artigo 19 do convenio colectivo... E tampouco nada de solicitarlle ao Goberno central que elimine o recorte das pagas extras de 2011: as nosas pagas extras querémolas completas!
mércores, 2 de marzo de 2022
Retribucións Persoal Xunta 2022
venres, 14 de xaneiro de 2022
2022: 9 días de asuntos particulares... coma no 2011!!
Semella que retrocedéramos no tempo 10 anos e volvéramos a ter 9 días de asuntos propios
Como se non houberan modificado primeiro en 2012 a LFPG e logo consolidado na LEPG de 2015, cómpre recordar que ata 2011, na Xunta tiñamos 9 días de permiso por asuntos particulares. E non por privilexio, senón por dereito que compensou a perda de poder adquisitivo brutal, unha perda que se está a volver a dar na actualidade cun IPC desbocado que triplica a suba salarial que imos ter este ano. Ou promocionas ou consegues unha comisión de servizos ou non hai maneira de manter o poder adquisitivo como persoal público na Xunta de Galiza.
martes, 21 de decembro de 2021
Manifesto da Xunta de Persoal de SSCC en contra das políticas de persoal da Xunta de Galiza
A Xunta de Persoal de SSCC ,a proposta da CIG, aprobou na derradeira permanente un manifesto en contra das políticas de persoal da xunta de Galicia. Este acto enmárcase no contexto do Informe publicado polo Consello de Contas onde non deixou títere sen cabeza ao analizar a xestión do persoal da Xunta de Galicia por parte da Dirección xeral da Función Pública. O Manifesto podes descargalo aquí.
Para máis inri o goberno galego, por parte do seu presidente, escudouse vanalmente que parte da culpa da súa ineficacia está en que os procesos selectivos tardan porque os sindicatos piden 6 meses de tempo entre convocatoria e exames (que cara dura!!!). Ogallá só duraran 6 meses e non anos como nos teñen acostumados. Aproveitamos o texto para denunciar as principais eivas neste Titanic chamado Función Pública:
- Concursos de traslados regulares na súa convocatoria (anuais) e rápidos na súa execución (3 meses).
- Procesos selectivos áxiles e organizados por unha comisión profesionalizada.
- Promoción interna ampliada e que se base na medición de competencias reais e non exames inasumibles.
- Organización axeitada de todas as Rpts
- Comisións de servizo transparentes, obxectivas e con procesos avaliables.
- Reactivación da carreira profesional.
- Dotación de medios persoais e técnicos á propia DXFP para que poida cumprir en tempo e forma todas as súas competencia.
martes, 4 de maio de 2021
Reunión da Permanente da Xunta de Persoal (03/05/2021)
O pasado luns día tres, reuniuse a Comisión Permanente da Xunta de Persoal, onde tratamos os seguintes temas:
- CONCURSO: (esto si que é esquizofrénico), aínda que parece que a cousa se move coa vindeira constitución da Comisión de Baremación, temos que seguir presionando, senón igual nos levan a 2022!!!. Veredes proximamente algo polos taboleiros que amosa a indignación do persoal; tamén lla mandaremos a Barreiro e a Valeriano. Esto do concurso da Adm. xeral na Xunta de Galicia é para sair xa como tema principal do programa televisivo Cuarto Milenio de Iker Jimenez.
- MÁSCARAS: Deben pensar que co anagrama da Xunta xa aguantan 150.000 lavados. Pois non señores, se repartistes máscaras en Novembro con un uso total de 4 meses; a cousa xa está amortizada. Compre logo un novo reparto urxente senón imos pensar que o primeiro reparto non foi feito con motivos de saúde senón pura propaganda.
-CARREIRA PROFESIONAL: Señor Barreiro, o que se acorda (aínda que non sexa con nos hai que cumplilo). Xa avisabamos cando se negociou este tema da febleza do acordo. Hai que abrir xa a petición do segundo grao e as solicitudes do primeiro; cada día que pasa debedesnos cartos. Moitos fondos de resiliencia e nada para cumplir os acordos co persoal.
venres, 26 de febreiro de 2021
Retribucións do persoal funcionario e laboral da Administración Autonómica para o ano 2021
Xa está dispoñible para descarga electrónica o noso folleto de retribucións para o ano 2021 do persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración autonómica de Galiza.
A CIG reparte o folleto de retribucións en papel impreso todos os anos. No ano 2020 tivemos que interromper o reparto por mor do confinamento. Este ano 2021 non o imprimimos tamén pola pandemia. Pero poñémolo a túa disposición en arquivo informático por se queres consultalo e conservalo. Agardamos que para o 2022 a cousa estea normalizada.
Por certo, u-la solicitude da carreira profesional grao II? U-las pagas extras completas recortadas desde 2010?
venres, 29 de xaneiro de 2021
OS ACORDOS SON PARA QUE SE CUMPRAN: OS DA CARREIRA PROFESIONAL TAMÉN
Os acordos que asina a Xunta de Galiza, sexa con quen sexa, están para cumprirse, neste caso falamos do “Acordo de concertacións do emprego público de Galicia”, asinado entre a Xunta de Galiza e varias organizacións sindicais. Neste artigo queremos falar en concreto do tema da carreira profesional no seu punto Quinto:
![]() |
| Despois de 40 anos.....meta |
“Sistema excepcional e transitorios dos grados I e II” onde di textualmente o citado acordo “No segundo semestre do ano 2020, a Dirección Xeral da Función Pública publicará a convocatoria para que aqueles que teñan recoñecido o grado I e conten cunha antigüidade de 11 anos, a través deste réxime transitorio e excepcional, poidan solicitar o encadramento no grao II. O dito grao será recoñecido con efectividade do 1 de xaneiro de 2021 ou 1 de xaneiro do 2022, segundo este nos grupos B, C1, C2 e a agrupación profesional ou nos grupos A1 e A2 respectivamente, a aqueles que cumpran os requisitos que se establezan, e o seu pagamento fraccionarase en catro ou tres anualidades respectivamente tal e como se indica a seguir...” Grupos B, C1, C2 e agrupación profesional, en 2021 o 33,3%.
Isto é o que di literalmente o acordo e a data de hoxe, 25 de xaneiro de 2021, está no apartado do programa “portax”, que é dende onde se debe solicitar, pechado.
Non se está a cumprir porque no segundo semestre nunca estivo aberto, polo que dende a CIG esiximos que se cumpra xa o citado acordo, que se abra inmediatamente o prazo, que sería o primeiro requisito para solicitalo, e logo que aos traballadores que cumpran o resto de requisitos se lle abone a cantidade correspondente dende o 1 de xaneiro.
Aínda que este pago xa vai efecturarse con efectos retroactivos, de si conleva unha perda económica para o persoal, xa que a Xunta non paga con xuros, que debería facelo pola súa mala xestión dos tempos.
E igualmente está a acontecer co persoal dos grupos A1 e A2, que tiñan que ter ingresado na nómina de xaneiro 2021 o ultimo troceado do grao I, e non se veu por nengún lado.
martes, 17 de decembro de 2019
Orzamentos: todo xenial nas nosas retribucións, dereitos e servizos públicos
xoves, 17 de outubro de 2019
Mesa Xeral do 16/10/2019: orzamentos da Xunta 2020 e suba salarial do 2,2%
O único certo a estas alturas do partido parece ser unha suba fixa do 2% para 2020 aínda que non está claro de cando.
Logo está o tema da carreira profesional que este ano pasarían a cobrar un 33% do grao I os subgrupos A1 e A2 e un 50% os subgrupos C1, C2 e AP (do que non se falou explícitamente na Mesa Xeral, ollo). Ademais, que polo que lle pasou ao Sergas, xa sabemos que o cobrro da carreira profesional pode chegar a suspenderse...
xoves, 19 de setembro de 2019
Como afecta a revisión á baixa do PIB 2018 á nosa recente suba salarial?
A parte variable quedaría rebaixada do 0,25% ao 0,20% se se cumprise estritamente o acordo
venres, 12 de xullo de 2019
Retribucións 2019: folleto resumo
luns, 13 de agosto de 2018
Para setembro a negociación do acordo de mellora no emprego e carreira profesional
mércores, 1 de agosto de 2018
Carreira profesional e acordo de mellora no emprego: pretenden ventilalo nunhas semanas en plenas vacacións
O que no Sergas durou meses de negociacións
- Unha nova versión dunha proposta de ampliación do mal chamado acordo de estabilización.
- Unha primeira versión dun futuro plan de carreira profesional.
A existencia dunha carreira profesional, ou sen utilizar ese nome o establecemento dun sistema de promoción real, tanto ascendente a un grupo superior como horizontal dentro do mesmo grupo, foi unha reivindicación de sempre da CIG, sen conseguir receptividade algunha por parte dos nosos interlocutores. O goberno, o director de función pública, sábeo de sobra.
venres, 20 de xullo de 2018
Nin 35 horas, nin o 100% das baixas. O que non recolle a nova proposta de acordo da Xunta
xoves, 5 de xullo de 2018
Ridículo borrador para a mellora de emprego público da Xunta
A CIG presenta unha proposta alternativa e pide sentar a negociar melloras reais.
Considera que se debe superar o dito acordo (ver anexo) e falar dunha modernización da Administración galega que sitúe á mesma e ás súas persoas empregadas públicas no século XXI.
A Xunta de Galiza vén de presentar un borrador de acordo de mellora de emprego para impor a suba pactada por CCOO, UGT e CSIF en Madrid do 1,5% + 0,25 a partires de xullo. Isto a pesares de que o IPC interanual está no mes de xuño no 2,3%, e de que os sindicatos asinantes acaban de acordar co goberno e a patronal que no sector privado a suba mínima sexa de entre o 2%.











