Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 31 de xullo de 2012

Preferentes: a Xunta reforza o IGC contratando á empresa da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo

O custo da arbitraxe das preferentes pagarémosllo todos os galegos á irmá do presidente da Xunta.


A pesar de anunciar que sobran funcionarios, o goberno do Partido Popular acaba de presentar ás organizacións sindicais unha proposta para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de Consumo. Ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos. Independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto Galego de Consumo vai ver como aumenta o volumen de traballo sen que se incremente a plantilla para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a productividade.

Para iso Feijoo decidíu recurrir a unha solución máis que beneficiosa para a súa familia: contratar á empresa EULEN, da que a súa irmá é apoderada para a atención telefónica dos afectados nun procedemento negociado sen publicidade (Nin saíu no BOP, nen no DOG, nen no BOE, nen no DOUE) por un total de 85,000 euros (60,000 para a provincia da Coruña e 25,000 para a de Pontevedra).

Sobran funcionarios, pero as empresas privadas fan o seu agosto a conta das preferentes ao utilizar medios públicos do Instituto Galego de Consumo e das Delegacións Territoriais onde atenden aos afectados, xa que non só están a asumir a atención telefónica senón que recollen a documentación dos afectados/as.

O custo desta operación vai á conta do erario público, mentras se reducen funcionarios/as e se enchen as delegacións de empresas privadas pagadas cos cartos dos recortes.

A desfeita das preferentes só trae beneficios para CAIXANOVA e os familiares de Feijoo, mentras se multiplican os prexuízos para os afectados, os empregados publicos e os cidadáns, que van ser os que paguen a factura.

Por outro lado, e en relación co pago de produtividade, desde a CIG estamos en desacordo con esta solución, xa que só os árbitros cobran, pero o volume de traballo se incrementa para todo o persoal de Consumo. Tampouco parece admisible que o pagamento destas cuantías recaia na cidadanía a través dos impostos pagados por todos, cando co máis mínimo sentido de lóxica e de xustiza resulta evidente que o custo debería imputárselle a Caixanova e Caixa Galicia, entidades que emitiron as chamadas preferentes

Descargar o rascuño de Instrucións sobre produtividade da arbitraxe das preferentes

Ningún comentario:

Publicar un comentario