Con respecto á xustificación de eliminación das prazas da Dependencia, analizamos por parágrafos cada unha das xustificacións nas que se basean para levar a cabo esta redución de persoal.
…realizase coa finalidade de axilizar, racionalizar e simplificar a tramitación administrativa do procedemento de dependencia, é necesario unificar nun só centro ao persoal que efectúa a tramitación administrativa dos expedientes,…
O que se realiza coa amortización é destruír, principalmente, os postos de traballo relacionados coa parte técnica do procedemento. Eliminando 17 postos de traballo para crear 4.
Non teñen en conta nin as competencias do órgano de valoración nin dos técnicos de valoración recollidas no Decreto 15/2010 (artigos 9 e 11)
Por exemplo: na tramitación de PIAs (Programas Individuais de Atención) hai neste momento en Coruña 3 traballadoras sociais o que se fai é incrementar 1 e amortizar 10. Deste perfil, incluído como técnico de valoración encargaríanse 4 persoas de toda a provincia. Cando noutra provincia con poboación similar, Pontevedra, hai 3 só para o área de Vigo e outras 3 no área de Pontevedra.
A provincia de A Coruña é a máis poboada de Galicia (1.147.124 hab. distribuída en 94 concellos), mentres a Provincia de Pontevedra (963.511 hab. Distribuída en 62 concellos) con menor poboación e menor número de Concellos non se plantea a supresión dun dos seus órganos nin do número de técnicos de valoración que hai no seu territorio.
Polo tanto, se ningunha das demais provincias se plantea amortizar prazas, cómo a provincia da Coruña plantea a amortización de 17 prazas en aras da axilidade, racionalidade e simplicidade?
Polo tanto, se ningunha das demais provincias se plantea amortizar prazas, cómo a provincia da Coruña plantea a amortización de 17 prazas en aras da axilidade, racionalidade e simplicidade?
…evitando con iso o retraso na xestión que necesariamente teñen que “viaxar” dende Ferrol e Santiago á Coruña e viceversa,…
Nada ten que ver o retraso na xestión con que o traballo realizado nas dúas áreas a amortizar teña que ser enviado á firma do Xefe Territorial. En todo caso isto deberíase a unha falta de planificación por parte dos responsables da xestión do servizo, non dos órganos e técnicos de valoración que preparan a documentación que ten que ser firmada polo Xefe Territorial.
O atraso na xestión débese a falta de orzamento para as prestacións recoñecidas a través da Lei de dependencia. Quizais o que se pretenda coa amortización é diminuír a axilidade dos equipos amortizados, paralizando aínda máis as prestacións. ¿Cántas persoas teñen proposta PIA elaborada polos órganos de Valoración de Santiago, Ferrol de prestación económicas sen finalizar a tramitación económica que é a que se desenvolve na Xefatura de Coruña?
Con respecto ao viaxe dos documentos/expedientes debemos de ten en conta, que contra iso estase levando a cabo unha dixitalización de expedientes, que evitaría todo ese traslado de documentación. Se a consellería non sabe iso, entonces sería necesario que se aforrase os cartos que está levando a empresa INDRA, que nestes momentos se esta encargando desta labor.
…toda que a súa xestión implica un procedemento moito máis dinámico do habitual xa que se trata dun procedemento susceptible de diversas revisións, como a de grao, de pía, cambios de expectativa, modificacións do coidador habitual, variacións nas capacidades económicas, etc….
Todas estas características descritas son función que desempeña o persoal que se amortiza (é dicir, son funcións específicas do Órgano de valoración e dos técnicos de Valoración) ¿Poden 4 postos creados asumir o volume de traballo que se xera nos órganos de Santiago e Ferrol máis o que se mantén en Coruña? Desgraciadamente, os postos que se crean non permitirán asegurar que se realice con máis axilidade, racionalidade ou simplicidade.
¿Por qué non amosan os datos de valoracións, elaboracións de PIA da dependencia? A Comunidade conta con suficientes estatísticas como para facer unha argumentación obxectiva sen caer na mentira.
…Así mesmo, o desglose da xestión administrativa, orixina nos solicitantes un desconcerto e un prexuízo xa que se ven obrigados a facer unha peregrinaxe polas unidades, dependendo da fase de tramitación do seu expediente…
E non se producirá un malestar cando a una persoa de Ribeira lle digan que terá que acudir a Coruña para solicitar información sobre o seu expediente?
O malestar e a peregrinación se debe ao tempo de espera dos beneficiarios para que se resolva o seu procedemento. A administración non está cumprindo en modo algún os prazos estipulados para elo. Isto sí que xera desconcerto e prexuízos.
…En consecuencia, ao estar toda a tramitación administrativa unificada, evitaríase a burocratización, a demora na xestión administrativa, facilitando por outra banda, a axilización nos trámites administrativos redundando con elo na mellor atención aos usuarios…
Vólvese a remitir ás funcións recollidas no Decreto que regula os órganos de valoración e aos técnicos de valoración. Se se amortizan todas as prazas dos órganos de Santiago e de Ferrol e só se crean 4 prazas na Coruña, cómo poden asegurar o que se afirma na xustificación?
Poderían dar os seguintes datos na memoría:
- PIAS elaborados en Coruña, Santiago e Ferrol
- Persoas pendentes de PIA en Coruña, Santiago e Ferrol
- Persoas con proposta PIA elaborada pendente da tramitación económica (que depende exclusivamente de Coruña).
A Comparación entre provincias tales como Coruña e Pontevedra deixa en evidencia esta xustificación na memoria. O departamento territorial de Vigo segue optando pola proximidade ao cidadán, mantendo a mesma estrutura que se establecía ata o momento, sen amortización de prazas. Na Coruña amortízanse máis prazas que se crean (a diferenza é de 13) e mantendo o persoal que antes xestionaba a área de influencia de A Coruña, cidade.
Creemos, en definitiva, que a burocratización e o peregrinaxe do administrado non é debido a que existen centros próximos a este, todo o contrario, isto favorece que non se teña que viaxar e perder os días pola estrada, e a veces en situacións críticas. Toda esa burocratización é debido a unha excesiva lexislación confusa, escura e que o único que se pretende é vender un servizo sen aporte de ningún tipo, é dicir, vender fume. Desde o ano 2006 que salio a lei de dependencia estatal, non se parou de facer leis , decretos, ordes, circulares de xeito que unha anulaban as outras, modificaban procedementos, conceptos, etc. , pero todo coa finalidade de reducir o servizo ao administrado e xerarlle confusión.
Resumindo: O mal funcionamento da Dependencia, o malestar dos administrados, o incumprimento da administración e todos os males analizados e analizables, non son responsabilidade nin dos traballadores nin dos administrados.
Temos que buscar esta responsabilidade:
- Na mala organización administrativa produto da potestade administrativa, tantas veces mencionada polos responsables da administración nas mesas de negociación.
-Na falta de medios, servizos e de fondos económicos destinados para asistir a este colectivo tan necesitado e na falta de vontade política para solucionar o problema. Deberían de explicarnos o porqué desta falta de vontade e non contarnos os soños nocturnos.
- Nunha lexislación mal plantexada, confusa, excesiva, redundante, etc... que moitas veces acaba contradicíndose.
Por todo o exposto, queremos que se solucionen os problemas, e para iso, debemos de buscar a solución onde se encontran os erros e non reducindo o persoal que o único que se vai e incrementar o mal funcionamento desta unidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario