Anteriormente tivemos coñecemento de se está tramitando un novo contrato de concesión do servizo da cafetaría/comedor do edificio administrativo de San Caetano. Son frecuentes as achegas de opinións e suxestións das traballadoras e traballadores do centro, principais usuarios, sobre o funcionamento deste servizo. Porén, a Xunta non ten artellado ningún sistema de participación das traballadoras e traballadores públicos na configuración deste servizo.
Xa que logo, presentamos diversas alegacións con relación aos pregos actuais de prescripcións técnicas, no senso de mellorar o servizo e facilitar a participación das e dos traballadores deste centro na súa configuración, como por exemplo:
- Contemplar a participación órganos de representación (Xunta de Persoal e Comité de Empresa) proporcional á súa representatividade nunha Comisión Paritaria coa Consellaría de Presidencia para as funcións que os actuais pregos establecen só para a consellaría (avance do menú, información das enquisas de calidade, inspección do servizo, inclusión de novos produtos, cambio de persoal, fixación de prezos...).
- Valorar positivamente nos pregos a utilización no servizo da cafetaría de produtos frescos e de tempada, así como de orixe galega e ecolóxica; estas dúas últimas etiquetas (galego e/ou ecolóxico) poden ser implementadas tamén nunha porcentaxe a determinar para os produtos do “vending”.
- Circunscribir o uso do bono a un gasto mínimo por persoa en calquera servizo de cafetaría e non exclusivamente ao pago do menú do comedor (punto 4.6)
- Incorporar medios menús (prato único) e almorzo completo (café, zume e peza de bollería), tal e como existen nas cafetarías de arredor e que se fixen prezos especiais para estes paquetes de consumo habituais; estes paquetes deben ter en todo caso un prezo inferior ao que resultaría de coller os produtos que os compoñen de xeito individual ou sexa, deberíase de fixar un prezo reducido para os ½ menús (prato único) e os almorzos completos.
- Establecer unha enquisa de calidade do servizo do persoal traballador de Servizos Centrais usuario da cafetaría. En función da valoración destas enquisas pola Comisión Paritaria, establecer a posibilidade da perda da concesión, en todo caso, cando o empeoramento no servizo chegue a incumprir os propios pregos. Os órganos de representación (Xunta de Persoal e Comité de Empresa) terían que ter acceso directo á información destas enquisas.
- Actualización dos prezos en función das variacións salariais dos empregados públicos.
- Dispoñibilidade das instalacións para que o persoal que traia alimentos da casa poida usar o comedor e utilizar as instalacións do comedor, canto menos, para quentar estes alimentos. Do mesmo xeito que ocorre nalgunhas cafetarías de edificios públicos, por exemplo, nas universidades galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario